O día 8 de febreiro de 1828 naceu na vila francesa de Nantes o escritor Jules Verne. A Sociedad Hispánica Jules Verne, organiza por segundo ano consecutivo o Día de ler a Verne como forma de conmemorar esta efeméride. Diferentes sociedades vernianas de todo o mundo (España, Francia, Paises Baixos, Estados Unidos, Alemaña, República Checa, Polonia, Xapón, Dinamarca, Croacia, Noruega,…) participan nesta convocatoria. A Sociedade Jules Verne de Vigo non podía deixar de estar presente nunha actividade tan importante de divulgación e proxección da figura do autor francés. As datas propostas son o día 7 ou o 8 ou o 9 de febreiro. No noso caso, eliximos o día 7, venres, por ser mais axeitado para contar con escolares no acto.

Este ano, a celebración contou coa inestimable colaboración da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas e do seu infatigable persoal. O acto consistiu nunha lectura de textos de Verne por parte de alumnos e alumnas do Colexio de Educación Infantil e Primaria O Pombal de Vigo.

O presidente da SJVV, Eduardo Rolland, explicou aos nenos e nenas a relevancia mundial de Verne e a especial relación do autor coa nosa cidade de Vigo. Cidade que foi visitada en dúas ocasións en 1878 e en 1884 polo autor, a bordo do seu iate; e que, ademais, adquire un especial protagonismo na novela 20 000 leguas baixo dos mares, pois o Capitán Nemo, ao mando do Nautilus entra na ría en procura dos tesouros de Rande.
Os nenos son alumnos e alumnas de 5º de Primaria e teñen en torno a 10 ou 11 anos de idade. Para a lectura adaptáronse textos extraidos de dúas novelas. En primeiro lugar, dos capítulos de A illa misteriosa nos que os protagonistas atopan ao Capitán Nemo e que, dalgún xeito, pechan a historia deste personaxe que quedara sen rematar en 20 000 leguas baixo dos mares. En segundo lugar, dos capítulos de 20 000 leguas… nos que se explica a batalla de Rande.

A lectura foi iniciada pola ilustre verniana Marisé Pérez Mariño e continuada por todos os nenos e nenas alí presentes. Tamén participaron algúns adultos, incluíndo profesores, amigos e persoal da biblioteca.
Foi unha experiencia moi gratificante na que se apreciaba que os nenos tiñan preparado previamente a actividade e viñan cun coñecemento do autor, das novelas e dos sucesos de Rande realmente apreciables. Parabéns ao profesorado do CEIP Pombal.
Grazas ao persoal da Bibioteca Pública Municipal Neira Vilas pola sua eficaz colaboración.


Texto e imaxes baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.












A mediados de setembro, un equipo de Arte visitou a cidade olívica para atopar nela as pegadas de Jules Verne. E da súa novela “20.000 leguas de viaxe submarina”. Ao longo de tres días de gravacións, percorreron o Casco Vello, a fortaleza do Castro, a rúa do Príncipe e o Vigo modernista. Tamén visitaron as illas Cíes, polas que transitou o submarino Nautilus e que se atopan, segundo a novela, moi preto da mítica Atlántida. E, moi cedo, antes do vindeiro nadal, poderemos ver a súa obra en toda Europa, xa que se distribúe nas principais plataformas por cable da Unión. “O Vigo de Jules Verne” titularase o documental.
O mércores visitaron as illas Cíes, acompañados do xornalista Eduardo Rolland. Alí imaxinaron a pegada na area dos grandes personaxes que psaron o noso arquipélago: Xulio César, o caudillo viquingo Olaf Haraldson ou o corsario Franci












A montaxe teatral comeza coa profesora Aronnax (que cambia de xénero sobre a novela ’20.000 leguas baixo dos mares’), que se embarca na fragata Abraham Lincoln para facer unha viaxe que se convertirá na aventura da súa vida. Cunha potente carga visual, a obra amósanos a Ned Land, Conseil e Aronnax a bordo do Nautilus, onde o capitán Nemo é o seu anfitrión. Un órgano interpretando a Tocata e Fuga de Johan Sebastian Bach deu toda a carga emotiva á visita á biblioteca do Nautilus. E piano, percusión e flauta deron a ambientación musical á montaxe, que atestou o auditorio coa asistencia de máis de duascentas persoas.