![]() |
Azos para Verne e Vigo nun difícil 2020 Jules Verne soñou cun mundo global, onde o avance da tecnoloxía e das comunicacións puxera en contacto aos humanos de todo o planeta. Ese mundo xa está aquí, e trae tamén o seu reverso de leccións difíciles, como a pandemia do coronavirus que tanta dor espallou por todo o mundo neste 2020. Malia as dificultades para manter unha axenda pública ou realizar distintas actividades, para a Sociedade Jules de Verne de Vigo non foi un ano perdido. Malia as dificultades, a nosa asociación cultural tamén soubo traballar arreo. Este é o noso resumo do 2020, cunha arela de superación e azos para o 2021. |
Chega aos institutos a edición facsímile de ‘A baía de Vigo’ |
![]() |
Comezamos o ano 2020, cos ecos da nosa edición do facsímile do capítulo ‘A baía de Vigo’, publicado fai 150 anos no ‘Magasin d’Éducation et de Récréation’ . O capítulo da novela ’20.000 leguas baixo dos mares’, de Jules Verne, é un dos principais desta obra, unha das máis populares e traducidas da historia en todo o mundo, e trae ao submarino Nautilus do capitán Nemo ata a ría de Vigo para rescatar os tesouros da batalla de Rande. A finais do 2019 presentamos a nosa edición nun acto na Biblioteca da Escola de Artes e Oficios. E no 2020 fixemos un traballo de divulgación da obra. Entre outros destinatarios, foi entregadas ás bibliotecas de todos os institutos de ensino secundario de Vigo. Celebramos en Vigo o Día de Ler a Verne ![]() O 7 de febreiro de 2020, na véspera do día do nacemento do escritor, celebramos en Vigo o Día de Ler a Verne, unha iniciativa que xorde da Sociedade Hispánica Jules Verne, coa que a nosa Sociedade Jules Verne de Vigo comparte fortes ligazóns e unha idea común. Este ano, a celebración contou coa inestimable colaboración da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas e do seu infatigable persoal. O acto consistiu nunha lectura de textos de Verne por parte de alumnos e alumnas do Colexio de Educación Infantil e Primaria O Pombal de Vigo. ![]() O presidente da SJVV, Eduardo Rolland, explicou aos nenos e nenas a relevancia mundial de Verne e a especial relación do autor coa nosa cidade de Vigo. Cidade que foi visitada en dúas ocasións en 1878 e en 1884 polo autor, a bordo do seu iate; e que, ademais, adquire un especial protagonismo na novela 20 000 leguas baixo dos mares, pois o Capitán Nemo, ao mando do Nautilus entra na ría en procura dos tesouros de Rande.Os nenos son alumnos e alumnas de 5º de Primaria e teñen en torno a 10 ou 11 anos de idade. Para a lectura adaptáronse textos extraidos de dúas novelas. En primeiro lugar, dos capítulos de A illa misteriosa nos que os protagonistas atopan ao Capitán Nemo e que, dalgún xeito, pechan a historia deste personaxe que quedara sen rematar en 20 000 leguas baixo dos mares. En segundo lugar, dos capítulos de 20 000 leguas… nos que se explica a batalla de Rande. ![]() ![]() Estrea en Canal Arte do documental internacional sobre Jules Verne e Vigo Un equipo do prestixioso canal cultural de TV franco-alemán visitou a cidade olívica a mediados de setembro de 2019 para atopar nela as pegadas de Jules Verne. O documental foi estreado o pasado 19 de febreiro en versión francesa e alemá. Anúncianse as versións en español, inglés, italiano e polaco. Pódese ver neste link:https://www.arte.tv/fr/videos/091152-038-A/invitation-au-voyage/Membros da Sociedade Jules Verne de Vigo guían ás cámaras polas Cíes e pola cidade. O historiador Antonio Giráldez Lomba, leva a acción ao Museo do Mar e a lugares emblemáticos como a escultura de José Molares fronte ao Real Club Náutico.A escritora Ledicia Costas pasea con Canal Arte polos mesmos escenarios que pisou Verne nas súas dúas visitas á cidade. Xa non está o café Suizo, desaparecido da rúa do Príncipe, pero sí toman café na praza da Constitución, como tamén facía Verne en ámbalas dúas estancias. Ademais, a novelista viguesa é entrevistada ante un dos murales do plan Vigo Vertical, o que representa a Verne, situado na avenida da Florida.Nas ilas Cíes, Eduardo Roland guía as cámaras na pegada na area dos grandes personaxes que pisaron o noso arquipélago: Xulio César, o caudillo vikingo Olaf Haraldson ou o corsario Francis Drake. Tamén especulan literariamente con que a illa de Faro é a mesma illa misteriosa da novela na que Verne revela a verdadeira identidade do capitán Nemo donde o Nautilus remata os seus días. Estrea da Scape Room ‘El secreto de Verne’ A Sociedade Jules Verne de Vigo colaborou na creación da primeira Scape Room Virtual sobre a relación entre Verne e Vigo. Trátase de ‘El secreto de Verne’, estreado pola empresa galega GALIGAMES, á que os socios da SJVV asesoran de xeito desinteresado, con grande interese por un xeito diferente e novidoso de comunicar o mundo verniano e achegarse especialmente as xeracións máis novas. ![]() Aprazado o III Congreso Internacional Verniano Unha mala noticia para o 2020 foi o aprazamento do III Congreso Internacional Verniano, que estaba previsto para Palma de Mallorca primeiro no mes de abril e, posteriormente, no mes de novembro deste ano. As restricións derivadas da pandemia do coronavirus impediron manter esta axenda, polas dificultades para as viaxes. A Sociedade Jules Verne de Vigo tiña prevista a súa participación, a través dunha comunicación de Eduardo Rolland titulada ‘Verne e Vigo, cartografía da súa popularidade’, ademais da presenza confirmada do noso socio José Garabatos. Ademais, hai que destacar moi especialmente que o grande organizador deste Congreso, o ilustre verniano mallorquín Nicolás Moragues, ademais de pertencer á diretiva da Sociedade Hispánica Jules Verne, é tamén socio da nosa SHJV. Tamén por esta razón todos os vernianos e vernianas de Vigo sentimos especialmente a mágoa por este aprazamento, despois do enorme traballo que desenvolveu o noso incansable compañeiro Nicolás. Na nova cita, prevista agora para novembro de 2021, alí estaremos varios socios e socias da SJVV, con máis participación aínda que na primeira convocatoria. ![]() España Directo dedica un especial a Verne e Vigo en TVE A Sociedade Jules Verne de Vigo guiou a un equipo de Televisión Española para seguir a pista do Nautilus do capitán Nemo pola ría de Vigo, nunha reportaxe especial do programa España Directo, gravada e emitida o pasado luns 6 de xullo de 2020.Eduardo Rolland acompañou ao xornalista Xoán Leiro nesta viaxe a bordo do buque El Audaz, que navevgou polos escenarios da batalla de Rande e visitou na illa de San Simón a estatua dedicada ao capitán Nemo. ![]() ![]() Colaboracions coas grandes iniciativas da SHJV traducións e cartografía de Verne Neste 2020, a Sociedade Jules Verne de Vigo colaborou con algunhas das grandes iniciativas culturais que desenvolve a Sociedade Hispánica Jules Verne, en cuxas actividades estamos integrados. Entre elas, hai que salientar a tradución ao galego da obra Doutor Ox, a cargo da filóloga Tamara Aymerich, quen xa participou en varias reunións da SJVV e ingresará como socia de pleno dereito neste 2021. Tamén destacamos a participación no Gran Atlas Verniano que recollerá as localizacións de todas as obras de Verne. Varios dos nosos socios fixeron contribucións para catalogar estas obras. Para rematar, está en marcha a tradución de dúas obras de teatro de Verne, a cargo das nosas prezadas Manón Funes e Stella Maris González. Novos socios da SJVV No 2020, a Sociedad Jules Verne de Vigo incorporou novos socios, aos que damos a benvida á nosa asociación cultural. Tras as incorporacións no 2019 da filóloga Clara Liz Losada, da pedagoga Marisé Pérez Mariño e do escritor Domingo Villar. Este ano incorporamos a ilustre verniano Nicolás Moragues González, que tamén pertence á directiva da Sociedade Hispánica Jules Verne. E demos tamén a benvida a tres novos socios: Jesús Souza Troncoso, Stella Maris González Balbuena e Ramón Suárez Alonso. Benvidos todos e todas! ![]() ![]() E con azos por un 2021 cheo de novas arelas Agora comeza un 2021 cheo de novas arelas. Dende a Sociedade Jules Verne de Vigo, cremos que xuntos poderemos vivir un gran novo ano. MOBILIS IN MOBILI |