A SJVV celebra o Día de Ler a Verne 2020

A Sociedade Jules Verne de Vigo súmase á campaña internacional do Día de Ler a Verne, unha iniciativa que naceu da Sociedad Hispánica Jules Verne e que hoxe reúne a colectivos vernianos en todo o mundo en torno á data do 8 de febreiro, cabodano do nacemento do escritor de Nantes.

En Vigo, a nosa sociedade deseñou para este ano 2020 un acto na Biblioteca Pública Neira Vilas, cuxa colaboración agradecemos, que consistirá nunha lectura de pasaxes senlleiras da novela ‘A illa Misteriosa’, coa participación de alumnos de Sexto Curso de Primaria do Colexio Público Pombal.

O acto terá lugar na propia biblioteca este venres 7 de febreiro, a partir das 10.00 horas e incluirá unha charla sobre a estreita relación Verne e Vigo, cidade que visitou en dúas ocasións co seu iate ‘Saint Michel III’, e á que dedicou un sobranceiro capítulo da súa novela ‘20.000 leguas baixo dos mares’.

O acto e a lectura de Verne faranse en galego, unha das linguas ás que foi traducida a obra do escritor francés. Así, contaremos coa edición do ano 2017 da editorial Edicións Xerais de Galicia de ‘A illa misteriosa’. Ademais, haberá a proxección dun audiovisual sobre a relación de Verne con Vigo, que sirva aos estudantes para familiarizarse con este aspecto da historia da súa cidade.

dia ler verne 2

Licencia de Creative Commons
Texto e imaxes baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s