A SHJV (Sociedad Hispánica Jules Verne) ven celebrando desde hai algúns anos o Día de Ler a Verne, conmemorando a data de nacemento do escritor, o 8 de febreiro de 1828. A nosa sociedade, SJVV, colabora con esta iniciativa desde o ano 2019. Ese ano, 2019, celebrouse no IES Castelao. No ano 2020 celebrouse na Biblioteca Pública Neira Vilas.
Este ano, como se sabe, non se poden celebrar eventos públicos nin en Vigo nin en Galicia nin en boa parte do mundo. Por tanto, imos celebralo de xeito virtual.
O gran coleccionista e investigador verniano, Jean-Michel Margot, pon a disposición dos afeccionados de todo o mundo unha sala de videoconferencia na plataforma Zoom. Esta sala terá unha subsala para os hablantes das linguas hispánicas. Segundo as nosas informacións, a sala principal usará o inglés e o francés. Calquera persoa que dispoña do vínculo e contrasinal, poderá acceder libremente, ben a sala principal, ben a subsala. desde as 23.00 do domingo 7 de febreiro, ata as 23:00 do luns 8 de febreiro.
Os participantes seleccionarán o seu propio texto e a lingua na que lerán.
Os interesados poden obter o vínculo e o contrasinal para accederen á videoconferencia escribindo un correo á SJVV: info@vigoverne.com