Un ano máis celébrase na cidade a chegada do Nautilus na ficción o 18 de febreiro de 1868. Cúmprense 151 anos. Nun acto organizado polas editoriais viguesas Ir Indo, Galaxia, Xerais e Lobito Bueno e pola Sociedade Jules Verne de Vigo, varios voluntarios leron fragmentos do capítulo VIII da segunda parte de 20 000 leguas baixo dos mares, titulado A baía de Vigo.


O acto contou co apoio do Concello de Vigo e a asistencia do alcalde, don Abel Caballero e varios concelleiros así como de escritores, editores, vernianos e membros das asociaciones San Rafael e Aspanaex.


Con motivo desta efeméride, o presidente da Sociedade publicou este artigo no diario A Voz de Galicia.
Texto e imágenes bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.