Guiamos ao xornalista Xoán Leiro nunha reportaxe pola ría de Vigo seguindo a pegada da batalla de Rande, o Nautilus e as visitas do escritor
A Sociedade Jules Verne de Vigo guiou a un equipo de Televisión Española para seguir a pista do Nautilus do capitán Nemo pola ría de Vigo, nunha reportaxe especial do programa España Directo, gravada e emitida o pasado luns 6 de xullo de 2020.
Eduardo Rolland acompañou ao xornalista Xoán Leiro nesta viaxe a bordo do buque El Audaz, que navevgou polos escenarios da batalla de Rande e visitou na illa de San Simón a estatua dedicada ao capitán Nemo.
O veleiro era unha edición limitada, estilo ketch, ou queche, construído nos prestixiosos estaleiros ingleses Moody no ano 1974. Ten unha eslora de 44 pés, unha manga de 4 metros e un puntal de 3 metros. Leva montado un motor diesel Perkins de 67 CV e dispón de 2 mastros que lle permiten navegar coas #ver génova, maior e mesana.
Ao longo de 10 etapas percorre nas súas reportaxes 100 leguas mariñas (300 millas náuticas) desde Vigo ata Camariñas. E a de Vigo estivo centrada na relación entre o escritor nantés e a cidade olívica.
Aquí podes ver o programa:
https://www.rtve.es/alacarta/videos/espana-directo/espana-directo-06-07-20/5618856/?t=52m22s
A Sociedade Jules Verne de Vigo, asociación cultural fundada no ano 2012 para estudar e difundir a relación entre o escritor e a cidade, colabora de novo con TVE, que xa no ano 2019 fixo unha reportaxe especial en España Directo sobre este tema.
Ademais, tamén no ano 2019, a prestixiosa canle europea ARTE TV realizou un documental sobre Jules Verne e Vigo na que participaron membros da nosa Sociedade, como a escritora Ledicia Costas, o historiador Antonio Giráldez Lomba e o xornalista Eduardo Rolland.
Mensaje: ¡Hola! Mi nombre es Rosa Reboredo y la Editorial Malas Artes acaba de publicarme un libro.
Y tiene mucho que ver con Verne y el Nautilus.
Os lo presento: unos jóvenes se quedan encerrados en una biblioteca por la noche y viven experiencias inolvidables como: visitar el «Nautilus» de Julio Verne, volar en la escobas de J.K.Rowling y recorrer la «Escuela de Howgarts», la «casa de Limbhad» con Laura Gallego, «La fábrica de chocolate» con Roald Dalh o volar sobre «Martin», el ganso de Selma Lagerlöf.
Habrá problemas con el ojo de Edgar Allan Poe y los pintores de una obra Xosé Luis Méndez Ferrín. También surgirá el amor.
En breve haremos la presentación online, seguramente a través de la plataforma «zoom.us”. Avisaré de la fecha. Gracias y un saludo a todos: Rosa
Me gustaMe gusta