2019, o ano da Baía de Vigo

Para a Sociedade Jules Verne de Vigo remata un 2019 marcado por un novo aniversario: os 150 anos da publicación do capítulo ‘A baía de Vigo’ no Magasin d’Éducation et de Récréation, que publicamos en edición facsímilNeste 2019, tamén demos a benvida a novos socios e socias, tivemos unha presenza internacional en medios, celebramos o Día de Ler a Verne, actividades en colexios e institutos, levamos a Verne ao mundo das Escape Rooms e… quedamos coas ganas de recibir ao ‘Saint Michel II’

 

O facsímile da Baía de Vigo
 

A Sociedade Jules Verne de Vigo (SJVV), asociación cultural fundada no 2012, presentou este martes 26 de novembro, ás 19.30 horas, na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO), a edición facsimilar do capítulo ‘A baía de Vigo’, que foi publicado hai agora 150 anos no ‘Magasin d’Éducation et de Récréation’ O capítulo da novela ’20.000 leguas baixo dos mares’, de Jules Verne, é un dos principais desta obra, unha das máis populares e traducidas da historia en todo o mundo, e trae ao submarino Nautilus do capitán Nemo ata a ría de Vigo para rescatar os tesouros da batalla de Rande.

Co gallo deste sesquicentenario, a Sociedade Jules Verne de Vigo editou unha edición facsimilar, seguindo o orixinal conservado na Biblioteca da Universidade de Minnesota, nos Estados Unidos, que inclúe os espectaculares gravados orixinais que acompañaban a obra. Ademais, esta edición facsimilar inclúe un prólogo que explica as características do capítulo e da súa edición, ademais dunha nova versión en galego desta parte fundamental da obra. 

O acto na EMAO, foi presentado polo presidente da SJVV, o xornalista Eduardo Rolland e contou coas intervencións dos tamén membros da Sociedade, Manuel Bragado e Carlos Núñez.

Canal Arte segue en Vigo os pasos de Verne


A mediados de setembro, un equipo de Arte visitou a cidade olívica para atopar nela as pegadas de Jules Verne. E da súa novela “20.000 leguas de viaxe submarina”. Ao longo de tres días de gravacións, percorreron o Casco Vello, a fortaleza do Castro, a rúa do Príncipe e o Vigo modernista, acompañados de membros da Sociedade Jules Verne de Vigo como a escritora Ledicia Costas ou o historiador Antonio Giráldez Lomba. Tamén visitaron as illas Cíes, polas que transitou o submarino  Nautilus e que se atopan, segundo a novela, moi preto da mítica Atlántida. E, moi cedo poderemos ver a súa obra en toda Europa, xa que se distribúe nas principais plataformas por cable da Unión. “O Vigo de Jules Verne” titularase o documental.

As viaxes de Verne a Vigo en España Directo de TVE


O 14 de agosto, a Sociedade Jules Verne de Vigo agardaba ilusionada a visita da réplica do iate Saint Michel II que navegaba cara á nosa ría. Desafortunadamente, o barco sufríu unha avaría mecánica que o obrigou a regresar a Nantes. A maior parte dos actos previstos en relación con esta arribada foron cancelados. Non obstante, o programa de RTVE España Directo,  mantivo na súa programación un espazo dedicado a Verne, a cidade e a ría.

Jornadas vernianas en Yverdon-les-Bains, Suiza 


Vernianos de diferentes zonas de España, Suiza y Francia, con una nutrida representación de la Sociedad Jules Verne de Vigo,disfrutamos en Yverdon y en Arc-et-Senans de tres días de actividades sobre el autor francés desde el 15 al 17 de julio.

Celebramos o ‘Día de Ler a Verne’ no I.E.S. Castelao

Alumnos do Instituto Castelao de Vigo participaron no ‘Día de Ler a Verne’, unha cita de carácter internacional na que as sociedades Verne no mundo fan lecturas públicas da obra do escritor, coincidindo co aniversario do seu nacemento, o 8 de febrero de 1828.

O noso 18 de febreiro: 151 anos do Nautilus…

Un ano máis celebramos na cidade a chegada do Nautilus na ficción o 18 de febreiro de 1868. Cúmpríronse 151 anos. Nun acto organizado polas editoriais viguesas Ir Indo, Galaxia, Xerais e Lobito Bueno e pola Sociedade Jules Verne de Vigo, varios voluntarios leron fragmentos do capítulo VIII da segunda parte de 20 000 leguas baixo dos mares, titulado A baía de Vigo.

E tamén no Día das Bibliotecas, colaboramos con Escapark Vigo para crear un xogo sobre o Nautilus e o Capitán Nemo en Vigo, que foi todo un éxito na Biblioteca Municipal Neira Vilas, no mes de abril…

E agora a vivir un grande 2020 de Verne a Vigo…

Damos a benvida no 2019 a tres novos socios: a pedagoga Marisé Mariño, a profesora Clara Liz Losada e o escritor Domingo Villar. E preparámonos para un 2020 cheo de Viaxes Extraordinarias de Verne a Vigo.

MOBILIS IN MOBILI

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s