A Librería Solidaria AIDA de Vigo organiza unhas xornadas de Verne

A librería Solidaria AIDA, situada na rúa Ecuador 45 en Vigo, organiza ata o vindeiro sábado 23 de abril unhas xornadas dedicadas a Jules Verne, nas que nos animan a participar aos socios da  Sociedade Jules Verne de Vigo.

Durante estas semanas, seleccionaron centos de libros en diversas edicións das obras do autor de Nantes, que se poderán adquirir ao prezo de 1 euro, e entre as que se inclúen publicacións en castelán, galego e portugués,  algunhas delas de coleccións inesquecibles como as de  Bruguera, Molino ou Plaza y Janés. Moitos destes libros poden transportarnos ás lecturas da nosa infancia. Tamén hai libros en formato cómic ou ilustrados, xunto ás grandes coleccións que nas últimas décadas apareceron reunindo a obra  verniana.

A librería solidaria AIDA en Vigo está situada no número 45 da rúa Ecuador e é atendida por voluntarias e voluntarios desta ONG que desenvolve proxectos solidarios tanto no estado español como en países como Marrocos, Guinea  Bissau, Senegal, Vietnam, Líbano ou Bangladesh.

Desde a Sociedade Jules Verne de Vigo animamos a todas as socias e socios a pasarvos por esta librería solidaria, que recolle, clasifica e vende a prezos simbólicos libros de segunda man, en edicións antigas, e dedica os fondos recadados a proxectos de cooperación. Ademais de poder atopar auténticos ‘tesouros’ bibliográficos sobre o autor  nantés, estaremos a colaborar cunha boa causa. E poderemos, tamén, coñecer o marabilloso traballo que fan as voluntarias  e voluntarios de AIDA en Vigo.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s