Un ano máis, a Sociedad Hispánica Jules Verne convoca o Día de ler a Verne conmemorando a data de nacemento do autor francés. A nosa sociedade SJVV colabora con esta iniciativa desde o ano 2019.

Este ano volveuse a celebrar de xeito virtual a través dunha plataforma ofrecida polo ilustre investigador e coleccionista Jean-Michel Margot.
A plataforma estivo dispoñible 24 horas entre os días 7 e 8 de febreiro con participación de decenas de afeccionados en linguas francesa, inglesa e española, con aportacións de catalán e galego,
Pola nosa banda, celebramos, tamén, o día no IES Castelao baixo o impulso dos socios e profesores Sara Alonso e Antonio Giráldez.



