Consigue o teu exemplar da obra

A Sociedade Jules Verne de Vigo pon á disposición de socios e amigos o traballo titulado «Vigo na obra de Jules Verne» ao prezo de 5€.

Para conseguir o teu exemplar, segue os pasos seguintes:

A. Se es de Vigo, escribe un email ao enderezo info@vigoverne.com para explorar a posibilidade de entregarche o volume en man.

B. Se vives en España, fóra de Vigo:

  1. Fai un ingreso de 5 €, máis 1,50 € en concepto de gastos de envío, na conta da SJVV: ES76-0049-7860-6729-1001-2455. No concepto, escribe «Vigo na obra de Jules Verne».
  2. Escribe un email ao enderezo info@vigoverne.com indicando o teu nome e enderezo postal e achega o xustificante da transferencia feita.