O fin de semana do 15 e 16 de xuño celebrouse en Vigo o evento Faro Gaming no Auditorio Mar de Vigo. Trátase dun evento de videoxogos, eSports e xogos por ordenador impulsado polo diario Faro de Vigo e patrocinado polo Concello de Vigo, a empresa R e a Universidade de Vigo.
A Sociedade Jules Verne de Vigo e Eskapark estiveron presentes no evento dedicado ó mundo do videoxogo, celebrando catro torneos cos escape room portátiles “El legado de Verne” desenvolvidos por Eskapark co asesoramento da Sociedade. O xogo foi desfrutado por asistentes de tódalas idades, demostrando unha vez máis que é unha actividade perfecta para toda a familia. Estratexia, creatividade e, sobre todo, traballo en equipo, foron os ingredientes necesarios para acadar o reto proposto polo xogo: salvar a humanidade coa axuda de Jules Verne.