Como anunciamos neste artigo, un equipo do prestixioso canal cultural de TV franco-alemán visitou a cidade olívica a mediados de setembro de 2019 para atopar nela as pegadas de Jules Verne. O documental foi estreado o pasado 19 de febreiro en versión francesa e alemá. Anúncianse as versións en español, inglés, italiano e polaco. Pódese ver neste link:
https://www.arte.tv/fr/videos/091152-038-A/invitation-au-voyage/
Membros da Sociedade Jules Verne de Vigo guían ás cámaras polas Cíes e pola cidade. O historiador Antonio Giráldez Lomba, leva a acción ao Museo do Mar e a lugares emblemáticos como a escultura de José Molares fronte ao Real Club Náutico.
A escritora Ledicia Costas pasea con Canal Arte polos mesmos escenarios que pisou Verne nas súas dúas visitas á cidade. Xa non está o café Suizo, desaparecido da rúa do Príncipe, pero sí toman café na praza da Constitución, como tamén facía Verne en ámbalas dúas estancias. Ademais, a novelista viguesa é entrevistada ante un dos murales do plan Vigo Vertical, o que representa a Verne, situado na avenida da Florida.
Nas islas Cíes, acompañadas do noso presidente Eduardo Roland, as cámaras seguen a pegada na area dos grandes personaxes que pisaron o noso arquipélago: Xulio César, o caudillo vikingo Olaf Haraldson ou o corsario Francis Drake. Tamén especulan literariamente con que a illa de Faro é a mesma illa misteriosa da novela na que Verne revela a verdadeira identidade do capitán Nemo donde o Nautilus remata os seus días.
Tamén se pode ver en youtube:
Texto e imaxes baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.