O pasado día 6 de maio, o auditorio do Museo Marco de Vigo acolleu a estrea da obra dramática ‘Escenas para unha viaxe submarina’, unha montaxe da Escola Superior de Arte Dramático xunto co Conservatorio Superior de Música.
A montaxe teatral comeza coa profesora Aronnax (que cambia de xénero sobre a novela ’20.000 leguas baixo dos mares’), que se embarca na fragata Abraham Lincoln para facer unha viaxe que se convertirá na aventura da súa vida. Cunha potente carga visual, a obra amósanos a Ned Land, Conseil e Aronnax a bordo do Nautilus, onde o capitán Nemo é o seu anfitrión. Un órgano interpretando a Tocata e Fuga de Johan Sebastian Bach deu toda a carga emotiva á visita á biblioteca do Nautilus. E piano, percusión e flauta deron a ambientación musical á montaxe, que atestou o auditorio coa asistencia de máis de duascentas persoas.
‘Escenas para unha viaxe submarina’ está dirixida polo dramaturgo vigués Ricardo Solveira. E volve amosar que Vigo é a cidade máis verniana, na que a programación cultural sobre a vida e a obra de Verne está presente en todos os eidos da creación.
Texto e imágenes bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.