O Capitán Nemo goza de extraordinaria saúde na Biblioteca Neira Vilas

O día 8 de febreiro de 1828 naceu na vila francesa de Nantes o escritor Jules Verne. A Sociedad Hispánica Jules Verne, organiza por segundo ano  consecutivo o Día de ler a Verne como forma de conmemorar esta efeméride. Diferentes sociedades vernianas de todo o mundo (España, Francia, Paises Baixos, Estados Unidos, Alemaña, República Checa, Polonia, Xapón, Dinamarca, Croacia, Noruega,…) participan nesta convocatoria. A Sociedade Jules Verne de Vigo non podía deixar de estar presente nunha  actividade tan importante de divulgación e proxección da figura do autor francés. As datas propostas son o día 7 ou o 8 ou o 9 de febreiro. No noso caso, eliximos o día 7, venres, por ser mais axeitado para contar con escolares no acto.

dia ler verne 2

Este ano, a celebración contou coa inestimable colaboración da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas e do seu infatigable persoal. O acto consistiu nunha lectura de textos de Verne por parte de alumnos e alumnas do Colexio de Educación Infantil e Primaria O Pombal de Vigo.

illa01

O presidente da SJVV, Eduardo Rolland, explicou aos nenos e nenas a relevancia mundial de Verne e a especial relación do autor coa nosa cidade de Vigo. Cidade que foi visitada en dúas ocasións en 1878 e en 1884 polo autor, a bordo do seu iate; e que, ademais, adquire un especial protagonismo na novela 20 000 leguas baixo dos mares, pois o Capitán Nemo, ao mando do Nautilus entra na ría en procura dos tesouros de Rande.

Os nenos son alumnos e alumnas de 5º de Primaria e teñen en torno a 10 ou 11 anos de idade. Para a lectura adaptáronse textos extraidos de dúas novelas. En primeiro lugar, dos capítulos de A illa misteriosa nos que os protagonistas atopan ao Capitán Nemo e que, dalgún xeito, pechan a historia deste personaxe que quedara sen rematar en 20 000 leguas baixo dos mares. En segundo lugar, dos capítulos de 20 000 leguas… nos que se explica a batalla de Rande.

illa11

A lectura foi iniciada pola ilustre verniana Marisé Pérez Mariño e continuada por todos os nenos e nenas alí presentes. Tamén participaron algúns adultos, incluíndo profesores, amigos e persoal da biblioteca.

Foi unha experiencia moi gratificante na que se apreciaba que os nenos tiñan preparado previamente a actividade e viñan cun coñecemento do autor, das novelas e dos sucesos de Rande realmente apreciables. Parabéns ao profesorado do CEIP Pombal.

Grazas ao persoal da Bibioteca Pública Municipal Neira Vilas pola sua eficaz colaboración.

illa021

Licencia de Creative Commons
Texto e imaxes baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s