Día de ler a Verne 2023

Un ano máis, a Sociedad Hispánica Jules Verne convoca o Día de ler a Verne conmemorando a data de nacemento do autor francés. A nosa sociedade SJVV colabora con esta iniciativa desde o ano 2019.

Este ano volveuse a celebrar de xeito virtual a través dunha plataforma ofrecida polo ilustre investigador e coleccionista Jean-Michel Margot.

A plataforma estivo dispoñible 24 horas entre os días 7 e 8 de febreiro con participación de decenas de afeccionados en linguas francesa, inglesa e española, con aportacións de catalán e galego,

Pola nosa banda, celebramos, tamén, o día no IES Castelao baixo o impulso dos socios e profesores Sara Alonso e Antonio Giráldez.

Así celebramos o Día de ler a Verne 2022

Este ano tivemos dous actos para conmemorar esta data.

Por unha banda, no IES Castelao, e co impulso dos profesores e vernianos Sara Alonso, Antonio Giráldez e Julio Ástor. celebráronse varias sesións de achegamento á figura e á obra de Verne, con grupos de ESO na biblioteca e con 1º de Bacharelato no Paraninfo. Pensamos que serviron para espertar ou afianzar o interese polo escritor internacional, tan vencellado á nosa cidade.

Por outra banda,participamos na convocatoria internacional de lectura virtual promovida pola SHJV, vía Zoom, cortesía do ilustre coleccionista, investigador e erudito verniano Jean-Michel Margot.

Día de ler a Verne 2022

A SHJV (Sociedad Hispánica Jules Verne) ven celebrando desde hai algúns anos o Día de Ler a Verne, conmemorando a data de nacemento do escritor, o 8 de febreiro de 1828. A nosa sociedade, SJVV, colabora con esta iniciativa desde o ano 2019. Ese ano, 2019, celebrouse no IES Castelao. No ano 2020 celebrouse na Biblioteca Pública Neira Vilas.


No ano 2021, por mor da pandemia, como se sabe, non se puideron celebrar eventos públicos nin en Vigo nin en Galicia nin en boa parte do mundo. Por tanto, celebrouse de xeito virtual. 

Por segundo ano, dadas as condicións sanitarias actuais, a edición será virtual, pero eso non so non nos desanima, senón que máis ben motivanos a reunirmonos novamente.


O gran coleccionista e investigador verniano, Jean-Michel Margot, pon a disposición dos afeccionados de todo o mundo unha sala de videoconferencia na plataforma Zoom. Teremos tres salas: español, inglés e francés. As outras linguas do estado español son benvidas. Calquera persoa que desexe participar deberá inscribirse na ligazón que esta sociedade facilita. A sala estará aberta desde as 23.00 do luns 7 de febreiro, ata as 23:00 do martes 8 de febreiro. 

Os participantes seleccionarán o seu propio texto e a lingua na que lerán.

Os interesados poden obter a ligazón para inscribirse na videoconferencia escribindo un correo á SJVV: info@vigoverne.com

Día de ler a Verne 2021

A SHJV (Sociedad Hispánica Jules Verne) ven celebrando desde hai algúns anos o Día de Ler a Verne, conmemorando a data de nacemento do escritor, o 8 de febreiro de 1828. A nosa sociedade, SJVV, colabora con esta iniciativa desde o ano 2019. Ese ano, 2019, celebrouse no IES Castelao. No ano 2020 celebrouse na Biblioteca Pública Neira Vilas.


Este ano, como se sabe, non se poden celebrar eventos públicos nin en Vigo nin en Galicia nin en boa parte do mundo. Por tanto, imos celebralo de xeito virtual. 


O gran coleccionista e investigador verniano, Jean-Michel Margot, pon a disposición dos afeccionados de todo o mundo unha sala de videoconferencia na plataforma Zoom. Esta sala terá unha subsala para os hablantes das linguas hispánicas. Segundo as nosas informacións, a sala principal usará o inglés e o francés. Calquera persoa que dispoña do vínculo e contrasinal, poderá acceder libremente, ben a sala principal, ben a subsala. desde as 23.00 do domingo 7 de febreiro, ata as 23:00 do luns 8 de febreiro. 


Os participantes seleccionarán o seu propio texto e a lingua na que lerán.

Os interesados poden obter o vínculo e o contrasinal para accederen á videoconferencia escribindo un correo á SJVV: info@vigoverne.com

O Capitán Nemo goza de extraordinaria saúde na Biblioteca Neira Vilas

O día 8 de febreiro de 1828 naceu na vila francesa de Nantes o escritor Jules Verne. A Sociedad Hispánica Jules Verne, organiza por segundo ano  consecutivo o Día de ler a Verne como forma de conmemorar esta efeméride. Diferentes sociedades vernianas de todo o mundo (España, Francia, Paises Baixos, Estados Unidos, Alemaña, República Checa, Polonia, Xapón, Dinamarca, Croacia, Noruega,…) participan nesta convocatoria. A Sociedade Jules Verne de Vigo non podía deixar de estar presente nunha  actividade tan importante de divulgación e proxección da figura do autor francés. As datas propostas son o día 7 ou o 8 ou o 9 de febreiro. No noso caso, eliximos o día 7, venres, por ser mais axeitado para contar con escolares no acto.

dia ler verne 2

Este ano, a celebración contou coa inestimable colaboración da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas e do seu infatigable persoal. O acto consistiu nunha lectura de textos de Verne por parte de alumnos e alumnas do Colexio de Educación Infantil e Primaria O Pombal de Vigo.

illa01

O presidente da SJVV, Eduardo Rolland, explicou aos nenos e nenas a relevancia mundial de Verne e a especial relación do autor coa nosa cidade de Vigo. Cidade que foi visitada en dúas ocasións en 1878 e en 1884 polo autor, a bordo do seu iate; e que, ademais, adquire un especial protagonismo na novela 20 000 leguas baixo dos mares, pois o Capitán Nemo, ao mando do Nautilus entra na ría en procura dos tesouros de Rande.

Os nenos son alumnos e alumnas de 5º de Primaria e teñen en torno a 10 ou 11 anos de idade. Para a lectura adaptáronse textos extraidos de dúas novelas. En primeiro lugar, dos capítulos de A illa misteriosa nos que os protagonistas atopan ao Capitán Nemo e que, dalgún xeito, pechan a historia deste personaxe que quedara sen rematar en 20 000 leguas baixo dos mares. En segundo lugar, dos capítulos de 20 000 leguas… nos que se explica a batalla de Rande.

illa11

A lectura foi iniciada pola ilustre verniana Marisé Pérez Mariño e continuada por todos os nenos e nenas alí presentes. Tamén participaron algúns adultos, incluíndo profesores, amigos e persoal da biblioteca.

Foi unha experiencia moi gratificante na que se apreciaba que os nenos tiñan preparado previamente a actividade e viñan cun coñecemento do autor, das novelas e dos sucesos de Rande realmente apreciables. Parabéns ao profesorado do CEIP Pombal.

Grazas ao persoal da Bibioteca Pública Municipal Neira Vilas pola sua eficaz colaboración.

illa021

Licencia de Creative Commons
Texto e imaxes baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Celebramos o ‘Día de Ler a Verne’ no I.E.S. Castelao

Ler1
Unha alumna en plena lectura

Alumnos do Instituto Castelao de Vigo participaron hoxe no ‘Día de Ler a Verne’, unha cita de carácter internacional na que as sociedades Verne no mundo fan lecturas públicas da obra do escritor, coincidindo co aniversario do seu nacemento, o 8 de febrero de 1828.

Ler7
O acto foi presentado polo vicedirector do instituto e membro da Sociedade Jules Verne, Julio Ástor

A Sociedade Jules Verne de Vigo, que comezou a súa andaina no ano 2012, sumouse a esta iniciativa a través dunha actividade no I.E.S Castelao, na que os alumnos participaron nunha lectura pública de diversos pasaxes da obra de Verne, entre eles a novela ‘A Illa Misteriosa’, na que aparece o capitán Nemo nos días finais da súa vida. Recordemos que este personaxe está relacionado con Vigo, xa que Jules Verne fixo que o submarino Nautilus visitara a ría viguesa no capítulo titulado ‘A badía de Vigo’ da súa novela ’20.000 leguas baixo dos mares’.

Ler6Ademais da lectura de Verne, houbo unha exposición bibliográfica e un mural confeccionado ‘ad hoc’ para esta celebración, no que participaron os propios estudantes. O claustro de profesores do Instituto Castelao volcouse nesta iniciativa, e varios deles son membros da propia Sociedade Jules Verne de Vigo.

As imaxes desta celebración en Vigo do Día de Ler a Verne serán agora distribuídas internacionalmente nun catálogo on line que publicará a Sociedade Hispánica Jules Verne, coas actividades que hoxe se celebraron nas asociacións de Estados Unidos, Arxentina, México, Francia, Italia, Reino Unido, Canadá, España e Xapón.

Ler8
Alumnos e alumnas lectores

Ademais, nas vindeiras datas Vigo celebrará o 151 aniversario da visita literaria do Nautilus o 18 de febreiro de 1868. E a Sociedade Jules Verne de Vigo xa prepara actos para conmemorar a efeméride.

 

 

 

 

 

Licencia de Creative Commons
Texto e imágenes bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Día de ler a Verne

Desde hai algúns anos esta sociedade, xunto con outras moitas de ámbito mundial desenvolvemos diversas actividades de divulgación e investigación da obra de Jules Verne.

Nesta ocasión a vontade é a de crear unha acción conxunta de nivel global, coa participación de todas as sociedades vernianas do mundo, así como de aquelas personas que desexen implicarse a nivel persoal.
Día de ler a Verne, será un evento anual que transcurra durante tres días tendo como data central o día 8 de febreiro de cada ano para conmemorar o nacemento de Verne.

En Vigo, o IES Castelao e baixo a dirección de Sara Alonso e Julio Astor, profesores do centro e membros da Sociedade Jules Verne de Vigo, durante o pasado curso académico tivo como eixe principal das súas actividades literarias extraescolares o seguimiento de cada unha das etapas da viaxe pensado por Jules Verne  en Vinte mil leguas baixo dos mares.

Este ano, Jules Verne segue a ser obxecto de homenaxe e lecturas que terán unha continuación o día 8 de febreiro,  coa lectura pública no salón de actos do instituto de algúns capítulos de La isla misteriosa, por alumnos do centro.

 Licencia de Creative Commons
Texto e imágenes bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.