Tal como estaba previsto, celebrouse a presentación da primeira edición en galego de Unha fantasía do doutor Ox. O acto tivo lugar na magnífica hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, o mércores 28 de abril ás oito da tarde. A presencia de público pode considerarse satisfactoria na actual situación sanitaria. O cumprimento do protocolo COVID foi estrito, polo que agradecemos a paciencia e comprensión dos asistentes.
O acto foi presentado polo presidente da Sociedade Jules Verne de Vigo, o xornalista Eduardo Rolland que repasou brevemente a traxectoria da nosa sociedade e a actual estreita colaboración coa Sociedad Hispánica Jules Verne.

A continuación, Jose Garabatos, na sua cualidade de responsable das relacións entre ambas sociedades, a hispánica e a viguesa, explicou a xestación do proxecto por parte da SHJV e a posterior colaboración da SJVV.
A obra presentada, a versión en galego, forma parte dun ambicioso proxecto da SHJV consistente na publicación por primeira vez de traducións da versión orixinal en francés deste relato curto. En efecto, as traducións ás linguas hispánicas, por unha ou outra razón, nunca respectaron o orixinal verniano de 1872. Ou ben, se trataba da tradución dun orixinal francés manipulado de 1874, ou ben se trataba dunha tradución «libre» que duplicaba a lonxitude do orixinal. Deste modo, a SHJV respecta por primeira vez a intención do autor francés. A obra da sociedade hispánica inclúe a tradución a sete linguas do estado español: castelán, catalán, éuscaro, aragones, aranés, asturiano e galego.
A nosa sociedade presenta, a modo de separata, a versión en galego. Neste caso, trátase da primeira tradución absoluta.

Seguidamente, Rolland presentou a tradutora, Tamara Aymerich, doutoranda no grupo de Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo e Mestrado en Profesorado de Secundaria e Bacharelato. A parte da súa actividade académica, exerce profesionalmente de tradutora e intérprete. Entre as súas traducións publicadas atópanse: ‘O mago de Oz’ e ‘Drácula’, publicados por Baia, La niñita de la vocecita, Textos seleccionados, Horas contadas, Fuerzas Opuestas e Los invasores de Marte. Tamara salientou algúnas aspectos do seu traballo. O francés anticuado do século XIX e os numerosos términos técnicos e científicos, foron probablemente as maiores dificultades.

Os socios da SJVV ou da SHJV e amigos vernianos en xeral poderán adquirir esta obra nesta web: (https://vigoverne.com/contacto/) ou, proximamente, na libreria viguesa Versus, Rúa de Venezuela, 80.


Texto e imágenes bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.










A organización do práctica do evento correu a cargo do noso prezado verniano o físico José Garabatos, quen fixo un formidable traballo para coordinar a acción.
A lectura foi iniciada pola ilustre verniana Marisé Pérez Mariño e continuada por todos os nenos e nenas alí presentes. Tamén participaron algúns adultos, incluíndo profesores, amigos e persoal da biblioteca.Foi unha experiencia moi gratificante na que se apreciaba que os nenos tiñan preparado previamente a actividade e viñan cun coñecemento do autor, das novelas e dos sucesos de Rande realmente apreciables. Parabéns ao profesorado do CEIP Pombal.Grazas ao persoal da Bibioteca Pública Municipal Neira Vilas pola sua eficaz colaboración.











El Secreto de Verne va mucho más allá de la simple competición. El campeonato y todo lo que lo rodea promoverá los valores que subyacen en la obra del escritor. La curiosidad por los avances científicos, su espíritu viajero y la relación que establece tanto él como sus personajes con los lugares que visita, favorecerán una concepción del turismo que gira en torno a la integración, la sostenibilidad y el conocimiento del patrimonio histórico-natural tanto material como inmaterial. Todo esto sin olvidar los valores promovidos por el propio juego, que es un claro ejemplo del poder del trabajo colaborativo.

