O 14 de agosto, a Sociedade Jules Verne de Vigo agardaba ilusionada a visita da réplica do iate Saint Michel II que navegaba cara á nosa ría. Desafortunadamente, o barco sufríu unha avaría mecánica que o obrigou a regresar a Nantes. A maior parte dos actos previstos en relación con esta arribada foron cancelados. Non obstante, o programa de RTVE España Directo, mantivo na súa programación un espazo dedicado a Verne, a cidade e a ría.

Tres membros da Sociedade, Antonio Giráldez, Julio Ástor e José Garabatos, participaron neste programa explicando algúns feitos relevantes das visitas de Verne nos anos 1878 e 1884, así como do capítulo dedicado a ría na novela 20 000 leguas baixo dos mares e, mesmo, da propia batalla de Rande e dos intentos da busca do lendario tesouro. Os escenarios foron a estatua do autor no Náutico —acosada polo Marisquiño—, o entorno do antigo Hotel Continental e zonas do casco vello de Vigo.
Posteriormente, a bordo do barco de observación mariña Oceans Secrets, poideronse admirar os mesmos fondos que visitou o Nautilus. Esta vez coa axuda dun robot submarino chamado, precisamente, Nautilus en homenaxe ao escritor.

Podes seguir o programa nesta ligazón:
http://www.rtve.es/alacarta/videos/espana-directo/espana-directo-14-08-19/5366630/?t=46m53s
Aparte desto, Antonio Giráldez foi entrevistado o mesmo día na emisora Onda Cero. Aquí tedes o audio:

Texto e imágenes bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.









A montaxe teatral comeza coa profesora Aronnax (que cambia de xénero sobre a novela ’20.000 leguas baixo dos mares’), que se embarca na fragata Abraham Lincoln para facer unha viaxe que se convertirá na aventura da súa vida. Cunha potente carga visual, a obra amósanos a Ned Land, Conseil e Aronnax a bordo do Nautilus, onde o capitán Nemo é o seu anfitrión. Un órgano interpretando a Tocata e Fuga de Johan Sebastian Bach deu toda a carga emotiva á visita á biblioteca do Nautilus. E piano, percusión e flauta deron a ambientación musical á montaxe, que atestou o auditorio coa asistencia de máis de duascentas persoas.














Ademais da lectura de Verne, houbo unha exposición bibliográfica e un mural confeccionado ‘ad hoc’ para esta celebración, no que participaron os propios estudantes. O claustro de profesores do Instituto Castelao volcouse nesta iniciativa, e varios deles son membros da propia Sociedade Jules Verne de Vigo.
