O centro comercial Vialia de Vigo acolleu un programa en directo coa participación da Sociedade Jules Verne de Vigo
Tres horas para falar de cine e de Jules Verne, en vivo e diante do público que se quixo achegar á xornada en directo de Cinemanicomio, o programa para tolos do cinema que dirixen Dani Lorenzo e o Doctor Frusna, e que ten a súa populosa canle en Twicht, cunha chea de seguidores, ademais de en Youtube. O centro comercial Vialia de Vigo foi o escenario desta xornada, celebrada no serán deste domingo 28 de agosto, que contou co presidente da nosa Sociedade Jules Verne de Vigo, Eduardo Rolland, para facer unha viaxe extraordinaria a través da obra verniana e do seu indubidábel impacto na historia do cinema.
O Doutor Frusna, Dani Lorenzo e Eduardo Rolland, durante o programa deste domingo en Vialia.
No programa, repasaron os grandes fitos das adaptacións de Verne á arte fílmica, comezando pola obra mestra ‘Viaxe á Lúa’ de Meliés, unha película datada en 1902 que está inspirada, na primera parte da súa metraxe, na novela ‘Da Terra á Lúa’, ademais de influída tamén pola obra de H.G. Wells.
Ao longo de case 180 minutos de programa, Cinemanicomio repasou tamén outros filmes de importancia como as versións de Miguel Strogoff, as de ‘A illa misteriosa’ e, sobre todo, dous grandes longametraxes para a historia do cinema como son ‘20.000 leguas baixo dos mares’, producida por Disney en 1954, e ‘A volta ao mundo en 80 días’, estreada dous anos máis tarde, en 1956.
Ao longo do programa, Eduardo Rolland fixo tamén repaso da historia da Sociedade Jules Verne de Vigo, asociación cultural que este 2022 cumpre dez anos dedicada a promocionar a intensa relación entre o escritor nantés e a cidade olívica, que visitou en dúas ocasións, en 1878 e 1884, e a cuxa ría dedicou un capítulo de ‘20.000 leguas baixo dos mares’ titulado precisamente ‘A badía de Vigo’, onde o capitán Nemo chega co submarino Nautilus para rescatar os tesouros mergullados tras a batalla de Rande de 1702, librada na nosa costa.
Dende a Sociedade Jules Verne de Vigo só nos queda agradecer aos amigos do exitoso programa Cinemanicomio o seu convite para repasar esta parte da nosa historia.
O gran escritor vigués era membro da SJVV, dende a que defendeu grandes proxectos como a recreación do Nautilus a escala real
Unha inmensa dor percorre hoxe á Sociedade Jules Verne de Vigo, da que era socio o escritor vigués Domingo Villar (Vigo, 1971), quen faleceu este mércores, 18 de maio de 2022, tras sufrir un accidente vascular que o mantiña na UCI do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo nos últimos días.
O gran escritor galego, autor da serie de novelas que tiñan por protagonista ao inspector Leo Caldas, era tamén un gran seguidor e promotor da obra de Jules Verne, e membro senlleiro da nosa Asociación Cultural, que fundamos en Vigo hai agora 10 anos, en xaneiro do 2012, para reinvindicar a estreita relación entre Verne e a cidade e a ría viguesa. Neste senso, Villar impulsara no último ano un proxecto para que se construise en Vigo unha réplica a tamaño real do submarino Nautilus do capitán Nemo, o mesmo que o novelista de Nantes fixo entrar na ría de Vigo o 18 de febreiro de 1868, segundo aparece na novela “20.000 leguas baixo dos mares”. Villar, en nome da nosa Sociedade Jules Verne de Vigo, chegou a reunirse co alcalde Abel Caballero en agosto de 2021 para presentar o proxecto, no que poderían participar estaleiros locais para emprazar a réplica do submarino nun lugar emblemático de Vigo de xeito que se convertese nun atractivo turístico. Tanta ilusión tiña o noso prezado Domingo Villar neste proxecto que tamén o levou ás ondas a través do programa máis escoitado da radio en España, o matinal ‘Hoy por hoy’ da Cadena Ser, onde hai uns meses presentou a súa idea para todo o país ante a xornalista Angels Barceló.
Así lembramos a Domingo Villar, sempre cheo de entusiastas iniciativas relacionadas con Verne e o seu mundo, como fixo tamén como ilustre socio da nosa Sociedade Jules Verne de Vigo.
Facemos nosas estas palabras da necrolóxica que lle vén de dedicar o xornalista Juan Carlos Galindo: “Home xeneroso e tranquilo, o seu non eran as grandes promocións, os focos, o lado máis banal do negocio literario no que, con todo, manexábase coa desenvoltura e o ritmo pausado co que acometía tamén a súa obra. Casado e pai de tres fillos, a súa carreira literaria marchou durante anos a dous ritmos, entre o recoñecemento e o silencio, pero sempre disposto para un lector, un comentario, unha entrevista ou un festival, por pequeno que fose”.
Dende o seu debut con “Ollos de auga” en Siruela e a editorial Galaxia no ano 2006, Villar tivo un éxito instantáneo. O galego era o vehículo esencial do seu traballo literario. “O galego déixame máis preto do lugar emocional no que quero estar cando escribo”, dicía nunha recente entrevista.
Por todo, pola súa dimensión humana e literaria, pola súa solidez como cidadán comprometido sempre, e tamén por suposto, dende esta perspectiva quizáis menos coñecida da súa paixón por Xulio Verne, a súa obra e a súa especial relación con Vigo –cidade que o autor francés visitou en dúas ocasións en 1878 e 1884-, como ben recordaba Domingo Villar sempre que podía e sempre presumindo con ese orgullo do propio… por todo isto, dicimos adeus con fondo pesar e tremenda dor persoal dende a Sociedade Jules Verne de Vigo ao noso prezado socio e compañeiro.
Nunca deixaremos de ler e facer contigo grandes ‘viaxes extraordinarias’.
Nicolás Moragues, socio da Sociedade Jules Verne de Vigo, e socio, fundador e secretario da Sociedad Hispánica Jules Verne é o autor dunha tese de doutoramento titulada «LA GEOGRAFÍA DE LAS BALEARES EN RELACIÓN A LA LITERATURA DE JULES VERNE». Esta tese ven de ser escollida como a máis orixinal das Illas Baleares de todo o ano pasado.
O propio autor resume o seu contido:
«El escritor francés Jules Verne (1828-1905) fue uno de los autores de prestigio más prolíficos de su momento, siendo incluso en la actualidad el segundo literato más traducido de la historia a nivel mundial, según datos oficiales de la Unesco, y el primero en España.
Su fama se debe a múltiples factores, hecho que se analizará a lo largo de la investigación científica, si bien siempre fue erróneamente etiquetado como autor para las masas, autor para la juventud o bien autor padre del género de la ciencia ficción. Su literatura, más bien, estuvo compuesta de dos elementos básicos e indisolubles: novelas científicas y geográficas, concepción completamente antagónica al imaginario social que se tiene del afamado autor.
El trabajo se inicia con un análisis biográfico de la vida de Verne en el que se descubre a la persona y abre las puertas a poder profundizar sobre su legado dentro del contexto histórico, social y geográfico al que se ciñe la investigación, esto es, durante la segunda mitad del siglo XIX.
Seguidamente se procederá a defender la vertiente geográfica tanto de su persona como de su obra, ya sea por sus intereses, como por sus contactos y su trayectoria vital, del que se desprenderá la saga de libros de viajes más influyente de la historia contemporánea bajo el título de Voyages extraordinaires, compuesta por 64 obras publicadas en vida entre 1863 y 1905, que pretende ser un compendio del conocimiento universal trasladado al formato de novelas geográficas y de aventuras al alcance de todos los públicos, con una evidente finalidad didáctica para instruir deleitando una geografía universal: los datos revelan que su geografía ha sido una de las más leídas de todos los tiempos, siempre acompañada de cartografía –real o ficticia- y de ilustraciones.
Las islas son uno de los elementos de mayor relevancia en la imaginario verniano. En ese contexto histórico existía un mundo todavía por descubrir por exploradores y aventureros que se lanzaban en sus embarcaciones a desentramar la terra incognita, y como consecuencia de esa navegación hay náufragos, y los náufragos de Verne son herederos claramente de Robinson Crusoe. Robinson y Viernes son sus padres literarios, y de ahí se espera un nuevo robinsonismo ya que, a través de ellos, van a parar a islas desconocidas y perdidas, en ocasiones reales y otras veces totalmente inventadas por el autor. Las Islas Baleares reúnen todas las cualidades necesarias que buscaba Verne para sus aventuras, por lo que pasarán a ser un referente geográfico más para los Voyages extraordinaires. En este punto se procederá a una comprensión crítica de las diversas formas de representación de los entornos humano y físico de les Illes, conociendo y analizando el espacio más inmediato y a una escala local, como primer paso para avanzar hacia el estudio de una escala más global, a través de la representación de las diferentes novelas geográficas de Verne, así como las fuentes tanto directas como indirectas, elementos analíticos y cartografía utilizada.
Para finalizar, se plantea el marco teórico del análisis de las relaciones espaciales del Mediterráneo, al que las Baleares pertenecen, entre variables económicas, socioculturales y ambientales a través de las experiencias propias de Jules Verne durante los cruceros que realizó por el Mare Nostrum a bordo de su steamyatch Saint-Michel III, en 1878 y 1884, y por otra parte entender las características naturales y sociales de la gran unidad territorial que resulta ser el Mediterráneo, y de las sociedades que en ella habitan, a través de las novelas que transcurren en dicho medio físico.»
A librería Solidaria AIDA, situada na rúa Ecuador 45 en Vigo, organiza ata o vindeiro sábado 23 de abril unhas xornadas dedicadas a Jules Verne, nas que nos animan a participar aos socios da Sociedade Jules Verne de Vigo.
Durante estas semanas, seleccionaron centos de libros en diversas edicións das obras do autor de Nantes, que se poderán adquirir ao prezo de 1 euro, e entre as que se inclúen publicacións en castelán, galego e portugués, algunhas delas de coleccións inesquecibles como as de Bruguera, Molino ou Plaza y Janés. Moitos destes libros poden transportarnos ás lecturas da nosa infancia. Tamén hai libros en formato cómic ou ilustrados, xunto ás grandes coleccións que nas últimas décadas apareceron reunindo a obra verniana.
A librería solidaria AIDA en Vigo está situada no número 45 da rúa Ecuador e é atendida por voluntarias e voluntarios desta ONG que desenvolve proxectos solidarios tanto no estado español como en países como Marrocos, Guinea Bissau, Senegal, Vietnam, Líbano ou Bangladesh.
Desde a Sociedade Jules Verne de Vigo animamos a todas as socias e socios a pasarvos por esta librería solidaria, que recolle, clasifica e vende a prezos simbólicos libros de segunda man, en edicións antigas, e dedica os fondos recadados a proxectos de cooperación. Ademais de poder atopar auténticos ‘tesouros’ bibliográficos sobre o autor nantés, estaremos a colaborar cunha boa causa. E poderemos, tamén, coñecer o marabilloso traballo que fan as voluntarias e voluntarios de AIDA en Vigo.
Un ano máis, a Sociedade Jules Verne de Vigo, celebra a efeméride do 18 de febreiro diante da estatua do escritor francés nas avenidas coa asistencia de numerosos vernianos. Ese día de 1868, o submarino Nautilus, ao mando do capitán Nemo e co profesor Aronnax, o seu asistente Conseil e o arpoador Ned Land a bordo, entra na ría de Vigo. Os feitos son relatados no oitavo capítulo da segunda parte da novela Vinte mil leguas baixo dos mares. O submarino dirixíase cara a Rande para encher a súa caixa cos tesouros dos galeóns afundidos en 1702.
Dez anos despois, en 1878, produciríase a primeira visita real do escritor a bordo do seu iate Saint Michel III, pasando uns memorables catro días na nosa cidade.
Este sábado 19 de febreiro, ás 13 horas, un nutrido grupo de afeccionados e amigos da SJVV, demos lectura ao capítulo dito. Contamos coa asistencia, en representación do Concello de Vigo, da Concelleira de Normalización Lingüística, Uxía Blanco, que desculpou a presenza do alcalde que se atopaba no acto de homenaxe aos mortos e desaparecidos no afundimento do barco Villa de Pitanxo
Este sábado 19 de febreiro de 2022 festexamos a efeméride literaria da entrada do submarino Nautilus do capitán Nemo en 1868 na ría de Vigo, segundo o capítulo ‘A baía de Vigo’ da novela ’20.000 leguas baixo dos mares’, de Jules Verne. Achégate e participa coa Sociedade Jules Verne de Vigo na lectura pública do capítulo ante o monumento ao escritor no Náutico.
O martes 15 de febreiro presentouse no MARCO de Vigo unha nova edición da novela Vinte mil leguas baixo dos mares.
Trátase dunha edición facsimilar da edición de Editorial Sopena de 1935. Además inclúe o texto La escuadra de plata, do que fora cronista oficial da cidade de Vigo na década anterior á guerra civil española, Avelino Rodríguez Elías. Finalmente tamén inclúe un prólogo de Francisco Vázquez, bibliófilo, vernófilo, exalcalde de A Coruña e exembaixador de España no Vaticán.
O acto foi presentado polo noso presidente Eduardo Rolland, e contou coa presenza do escritor e catedrático de Literatura José María Paz Gago, da presidenta da Diputación Provincial de Pontevedra e Teniente de alcalde de Vigo Carmela Silva, o prologuista Francisco Vázquez e o alcalde de Vigo Abel Caballero.
Este ano tivemos dous actos para conmemorar esta data.
Por unha banda, no IES Castelao, e co impulso dos profesores e vernianos Sara Alonso, Antonio Giráldez e Julio Ástor. celebráronse varias sesións de achegamento á figura e á obra de Verne, con grupos de ESO na biblioteca e con 1º de Bacharelato no Paraninfo. Pensamos que serviron para espertar ou afianzar o interese polo escritor internacional, tan vencellado á nosa cidade.
Por outra banda,participamos na convocatoria internacional de lectura virtual promovida pola SHJV, vía Zoom, cortesía do ilustre coleccionista, investigador e erudito verniano Jean-Michel Margot.
A SHJV (Sociedad Hispánica Jules Verne) ven celebrando desde hai algúns anos o Día de Ler a Verne, conmemorando a data de nacemento do escritor, o 8 de febreiro de 1828. A nosa sociedade, SJVV, colabora con esta iniciativa desde o ano 2019. Ese ano, 2019, celebrouse no IES Castelao. No ano 2020 celebrouse na Biblioteca Pública Neira Vilas.
No ano 2021, por mor da pandemia, como se sabe, non se puideron celebrar eventos públicos nin en Vigo nin en Galicia nin en boa parte do mundo. Por tanto, celebrouse de xeito virtual.
Por segundo ano, dadas as condicións sanitarias actuais, a edición será virtual, pero eso non so non nos desanima, senón que máis ben motivanos a reunirmonos novamente.
O gran coleccionista e investigador verniano, Jean-Michel Margot, pon a disposición dos afeccionados de todo o mundo unha sala de videoconferencia na plataforma Zoom. Teremos tres salas: español, inglés e francés. As outras linguas do estado español son benvidas. Calquera persoa que desexe participar deberá inscribirse na ligazón que esta sociedade facilita. A sala estará aberta desde as 23.00 do luns 7 de febreiro, ata as 23:00 do martes 8 de febreiro.
Os participantes seleccionarán o seu propio texto e a lingua na que lerán.
Os interesados poden obter a ligazón para inscribirse na videoconferencia escribindo un correo á SJVV: info@vigoverne.com
Despedimos o ano 2020 ─ano I da era COVID─ con azos para o 2021. Entendiamos que este ano sería o da victoria final sobre a pandemia. As actividades da SJVV víronse afectadas, que non anuladas, pola situación sanitaria. A victoria non chegou e o 2021 foi o ano II da era COVID. Malia que as dificultades continuaron e, mesmo co cansanzo e fartura dos máis entusiastas socios, a Sociedade Jules Verne de Vigo mantivo o nivel e a presenza no universo verniano-vigués.
Día de ler a Verne
A SHJV (Sociedad Hispánica Jules Verne) ven celebrando desde hai algúns anos o Día de Ler a Verne, conmemorando a data de nacemento do escritor, o 8 de febreiro de 1828. A nosa sociedade, SJVV, colabora con esta iniciativa desde o ano 2019. Ese ano, 2019, celebrouse no IES Castelao. No ano 2020 celebrouse na Biblioteca Pública Neira Vilas.
O ano 2021 celebrouse de xeito virtual. O gran coleccionista e investigador verniano, Jean-Michel Margot, puxo a disposición dos afeccionados de todo o mundo unha sala de videoconferencia na plataforma Zoom. Diversos vigueses, socios ou non, participaron nesa multiconferencia entre os días 7 e 8 de febreiro. Os participantes seleccionaron o seu propio texto e a lingua na que leron.
A SJVV na SER
O día 12 de marzo de 2021, a cadea SER emitiu o seu programa matinal Hoy por hoy, dirixido pola periodista Ángels Barceló, desde o MARCO de Vigo. O programa contou con dous ilustres vernianos: Domingo Villar e Eduardo Rolland. Foi unha oportunidade para insistir na relación entre Verne e Vigo. Tal como recoñeceu a periodista Barceló, é ben coñecido por un público moi amplo a chegada na ficción do Nautilus a baía de Vigo, pero non é tan coñecido o feito de que o escritor visitara por dúas veces a nosa cidade.
Presentación de Unha fantasía do doutor Ox
Tal como estaba previsto, celebrouse a presentación da primeira edición en galego de Unha fantasía do doutor Ox. O acto tivo lugar na magnífica hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, o mércores 28 de abril ás oito da tarde. A presencia de público pode considerarse satisfactoria na actual situación sanitaria. O cumprimento do protocolo COVID foi estrito, polo que agradecemos a paciencia e comprensión dos asistentes.
O acto foi presentado polo presidente da Sociedade Jules Verne de Vigo, o xornalista Eduardo Rolland que repasou brevemente a traxectoria da nosa sociedade e a actual estreita colaboración coa Sociedad Hispánica Jules Verne.
A continuación, Jose Garabatos, na sua cualidade de responsable das relacións entre ambas sociedades, a hispánica e a viguesa, explicou a xestación do proxecto por parte da SHJV e a posterior colaboración da SJVV. Seguidamente, Rolland presentou a tradutora, Tamara Aymerich, doutoranda no grupo de Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo e Mestrado en Profesorado de Secundaria e Bacharelato. A parte da súa actividade académica, exerce profesionalmente de tradutora e intérprete. Entre as súas traducións publicadas atópanse: ‘O mago de Oz’ e ‘Drácula’, publicados por Baia, La niñita de la vocecita, Textos seleccionados, Horas contadas, Fuerzas Opuestas e Los invasores de Marte. Tamara salientou algúnas aspectos do seu traballo. O francés anticuado do século XIX e os numerosos términos técnicos e científicos, foron probablemente as maiores dificultades.
APP para dispositivos Android
No mes de maio presentamos unha app para dispositivos android que percorre os lugares de interese verniano de Vigo. Estes lugares son os que visitou o escritor francés ou os que presentan algún tipo de relación con el.
Como é sabido, Verne estivo en dúas ocasións nesta cidade: en 1878 e en 1884. Moitos dos lugares que visitou permanecen case como os atopou, mentres que outros teñen mudado radicalmente, non sendo sempre doado identificalos a partir das informacións existentes. Aínda así, podemos facernos unha idea moi aproximada da súa estadía.
A aplicación está, polo momento, en castelán, pensando nos visitantes que cheguen a Vigo procedentes de todo o mundo hispánico. Estamos traballando nas versións en galego e en inglés.
III Congreso Internacional. Palma de Mallorca
Palma de Mallorca acolle a terceira edición desta cita mundial na que participan os maiores expertos na figura do escritor francés.
A Sociedade Jules Verne de Vigo (SJVV) participou activamente no III Congreso Internacional Jules Verne, que se celebra na cidade de Palma de Mallorca dende o 10 ao 12 de novembro de 2021, coa participación dos máis destacados expertos mundiais na figura do escritor francés.
Na sesión da mañá do mércores 10 de novembro, Jesús Souza presentou a súa ponencia titulada “Nota sobre las Ciencias Naturales en la obra de Julio Verne 20.000 leguas de viaje submarino”. Na sesión de tarde, Eduardo Rolland presentou a súa comunicación titulada “Verne siglo XXI: una cartografía de su popularidad”, un estudo no que a través de ferramentas de análise web demostra a relevancia que segue a manter o escritor nos nosos tempos, cando continúa a inspirar películas, comics ou videoxogos, ao tempo que as súas obras seguen a ser reeditadas con gran forza.
O V Congreso Internacional celebrarase en Vigo en 2028
Foi sen dúbida a guinda perfecta para un ano difícil.
Vigo organizará no ano 2028 o V Congreso Internacional Jules Verne, que coincidirá co Bicentenario do escritor e que recollerá a testemuña do cuarto congreso, que se celebrará en 2024 en Bogotá e Cartaxena de Indias, en Colombia.
A decisión foi anunciada pola Sociedade Hispánica Jules Verne (SHJV), organización internacional que reúne a expertos de máis dunha vintena de países relacionados co autor francés e que convocou os tres primeiros congresos internacionais en Barcelona (2013), A Habana (Cuba, 2017) e o último este pasado mes de novembro de 2021 en Palma de Mallorca, no que participaron varios membros da Sociedade Jules Verne de Vigo ( SJVV), asociación cultural fundada en 2012 e cuxo labor é divulgar a estreita relación entre o escritor e a cidade olívica. A organización do congreso farase conxuntamente co traballo tanto da SHJV como da SJVV, que comparten a algúns dos seus socios.
Agora, a directiva da SHJV vén de anunciar os congresos para as dúas próximas edicións, cumprindo a alternancia de celebrar estes encontros internacionais en América e Europa. Desta forma, Colombia será a sede do próximo congreso de 2024, que se repartirá entre as cidades de Bogotá e Cartaxena de Indias.
Agora comeza un 2022 cheo de novas arelas. Dende a Sociedade Jules Verne de Vigo, desexamos que, desta vez si, deixemos atrás os problemas sanitarios destes dous últimos anos e poidamos reemprender as nosas actividades con total normalidade.