Resumo do ano 2021

Despedimos o ano 2020 ─ano I da era COVID─ con azos para o 2021. Entendiamos que este ano sería o da victoria final sobre a pandemia. As actividades da SJVV víronse afectadas, que non anuladas, pola situación sanitaria. A victoria non chegou e o 2021 foi o ano II da era COVID. Malia que as dificultades continuaron e, mesmo co cansanzo e fartura dos máis entusiastas socios, a Sociedade Jules Verne de Vigo mantivo o nivel e a presenza no universo verniano-vigués.

Día de ler a Verne

A SHJV (Sociedad Hispánica Jules Verne) ven celebrando desde hai algúns anos o Día de Ler a Verne, conmemorando a data de nacemento do escritor, o 8 de febreiro de 1828. A nosa sociedade, SJVV, colabora con esta iniciativa desde o ano 2019. Ese ano, 2019, celebrouse no IES Castelao. No ano 2020 celebrouse na Biblioteca Pública Neira Vilas.

O ano 2021 celebrouse de xeito virtual. O gran coleccionista e investigador verniano, Jean-Michel Margot, puxo a disposición dos afeccionados de todo o mundo unha sala de videoconferencia na plataforma Zoom. Diversos vigueses, socios ou non, participaron nesa multiconferencia entre os días 7 e 8 de febreiro. Os participantes seleccionaron o seu propio texto e a lingua na que leron.

A SJVV na SER

O día 12 de marzo de 2021, a cadea SER emitiu o seu programa matinal Hoy por hoy, dirixido pola periodista Ángels Barceló, desde o MARCO de Vigo. O programa contou con dous ilustres vernianos: Domingo Villar e Eduardo Rolland. Foi unha oportunidade para insistir na relación entre Verne e Vigo. Tal como recoñeceu a periodista Barceló, é ben coñecido por un público moi amplo a chegada na ficción do Nautilus a baía de Vigo, pero non é tan coñecido o feito de que o escritor visitara por dúas veces a nosa cidade.

Presentación de Unha fantasía do doutor Ox

Tal como estaba previsto, celebrouse a presentación da primeira edición en galego de Unha fantasía do doutor Ox. O acto tivo lugar na magnífica hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, o mércores 28 de abril ás oito da tarde. A presencia de público pode considerarse satisfactoria na actual situación sanitaria. O cumprimento do protocolo COVID foi estrito, polo que agradecemos a paciencia e comprensión dos asistentes.

O acto foi presentado polo presidente da Sociedade Jules Verne de Vigo, o xornalista Eduardo Rolland que repasou brevemente a traxectoria da nosa sociedade e a actual estreita colaboración coa Sociedad Hispánica Jules Verne.

A continuación, Jose Garabatos, na sua cualidade de responsable das relacións entre ambas sociedades, a hispánica e a viguesa, explicou a xestación do proxecto por parte da SHJV e a posterior colaboración da SJVV. Seguidamente, Rolland presentou a tradutora, Tamara Aymerich, doutoranda no grupo de Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo e Mestrado en Profesorado de Secundaria e Bacharelato. A parte da súa actividade académica, exerce profesionalmente de tradutora e intérprete. Entre as súas traducións publicadas atópanse: ‘O mago de Oz’ e ‘Drácula’, publicados por Baia, La niñita de la vocecita, Textos seleccionados, Horas contadas, Fuerzas Opuestas e Los invasores de Marte. Tamara salientou algúnas aspectos do seu traballo. O francés anticuado do século XIX e os numerosos términos técnicos e científicos, foron probablemente as maiores dificultades.

APP para dispositivos Android

No mes de maio presentamos unha app para dispositivos android que percorre os lugares de interese verniano de Vigo. Estes lugares son os que visitou o escritor francés ou os que presentan algún tipo de relación con el.

Como é sabido, Verne estivo en dúas ocasións nesta cidade: en 1878 e en 1884. Moitos dos lugares que visitou permanecen case como os atopou, mentres que outros teñen mudado radicalmente, non sendo sempre doado identificalos a partir das informacións existentes. Aínda así, podemos facernos unha idea moi aproximada da súa estadía.

A aplicación está, polo momento, en castelán, pensando nos visitantes que cheguen a Vigo procedentes de todo o mundo hispánico. Estamos traballando nas versións en galego e en inglés.

III Congreso Internacional. Palma de Mallorca

Palma de Mallorca acolle a terceira edición desta cita mundial na que participan os maiores expertos na figura do escritor francés.

A Sociedade Jules Verne de  Vigo (SJVV) participou activamente no III Congreso Internacional Jules Verne, que se celebra na cidade de Palma de Mallorca dende o 10 ao 12 de novembro de 2021, coa participación dos máis destacados expertos mundiais na figura do escritor francés.

Na sesión da mañá do mércores 10 de novembro, Jesús Souza presentou a súa ponencia titulada “Nota sobre las Ciencias Naturales en la obra de Julio Verne 20.000 leguas de viaje submarino”. Na sesión de tarde, Eduardo Rolland presentou a súa comunicación titulada “Verne siglo XXI: una cartografía de su popularidad”, un estudo no que a través de ferramentas de análise web demostra a relevancia que segue a manter o escritor nos nosos tempos, cando continúa a inspirar películas, comics ou videoxogos, ao tempo que as súas obras seguen a ser reeditadas con gran forza.

O V Congreso Internacional celebrarase en Vigo en 2028

Foi sen dúbida a guinda perfecta para un ano difícil.

Vigo organizará no ano 2028 o V Congreso Internacional Jules Verne, que coincidirá co Bicentenario do escritor e que recollerá a testemuña do cuarto congreso, que se celebrará en 2024 en Bogotá e Cartaxena de Indias, en Colombia.

A decisión foi anunciada pola Sociedade Hispánica Jules Verne (SHJV), organización internacional que reúne a expertos de máis dunha vintena de países relacionados co autor francés e que convocou os tres primeiros congresos internacionais en Barcelona (2013), A Habana (Cuba, 2017) e o último este pasado mes de novembro de 2021 en Palma de Mallorca, no que participaron varios membros da Sociedade Jules Verne de Vigo ( SJVV), asociación cultural fundada en 2012 e cuxo labor é divulgar a estreita relación entre o escritor e a cidade olívica. A organización do congreso farase conxuntamente co traballo tanto da  SHJV como da  SJVV, que comparten a algúns dos seus socios.

Agora, a directiva da  SHJV vén de anunciar os congresos para as dúas próximas edicións, cumprindo a alternancia de celebrar estes encontros internacionais en América e Europa. Desta forma, Colombia será a sede do próximo congreso de 2024, que se repartirá entre as cidades de Bogotá e Cartaxena de Indias.

Agora comeza un 2022 cheo de novas arelas. Dende a Sociedade Jules Verne de Vigo, desexamos que, desta vez si, deixemos atrás os problemas sanitarios destes dous últimos anos e poidamos reemprender as nosas actividades con total normalidade.

MOBILIS IN MOBILI

A SHJV designa a Vigo sede do V Congreso Internacional Jules Verne 2028

Será no ano do Bicentenario, e Vigo recollerá a testemuña do cuarto congreso mundial que se celebrará en Bogotá e Cartaxena de Indias en 2024

Vigo organizará no ano 2028 o V Congreso Internacional Jules Verne, que coincidirá co Bicentenario do escritor e que recollerá a testemuña do cuarto congreso, que se celebrará en 2024 en Bogotá e Cartaxena de Indias, en Colombia.

A decisión foi anunciada esta fin de semana pola Sociedade Hispánica Jules Verne (SHJV), organización internacional que reúne a expertos de máis dunha vintena de países relacionados co autor francés e que convocou os tres primeiros congresos internacionais en Barcelona (2013), A Habana (Cuba, 2017) e o último este pasado mes de novembro de 2021 en Palma de Mallorca, no que participaron varios membros da Sociedade Jules Verne de Vigo ( SJVV), asociación cultural fundada en 2012 e cuxo labor é divulgar a estreita relación entre o escritor e a cidade olívica. A organización do congreso farase conxuntamente co traballo tanto da  SHJV como da  SJVV, que comparten a algúns dos seus socios.

Agora, a directiva da  SHJV vén de anunciar os congresos para as dúas próximas edicións, cumprindo a alternancia de celebrar estes encontros internacionais en América e Europa. Desta forma, Colombia será a sede do próximo congreso de 2024, que se repartirá entre as cidades de Bogotá e Cartaxena de Indias.

“Apenas un mes después de la finalización del III Congreso Internacional Verniano, celebrado en el pasado mes de noviembre en Palma de Mallorca, España, la Sociedad Hispánica Jules Verne trae hoy dos buenas noticias a compartir con sus seguidores: hemos seleccionado las sedes de los próximos Congresos”, explicou a Sociedad Hispánica nun comunicado: “El IV Congreso Verniano se celebrará en 2024 en América, en Colombia, con un nuevo formato y en dos ciudades: Bogotá y Cartagena. El V Congreso, para marcar el 200 aniversario del nacimiento de Jules Verne en 2028, regresa a Europa y se celebrará en la ciudad de Vigo, en España”.

Dúas razóns apuntan a que Vigo fose elixida como sede para a cita mundial máis importante nos estudos do universo Verne, un autor que segue vixente cando están a piques de cumprirse dous séculos do seu nacemento en Nantes en 1828. Dunha parte, a propia existencia da  Sociedade Jules Verne de Vigo, asociación cultural que conta cunha vintena de socios e socias relacionadas co mundo da ciencia, a educación, a universidade, a edición ou a cultura. Doutra banda, no éxito da candidatura foi decisiva a estreita relación entre Jules Verne e Vigo, posta de relevo nos últimos anos pola  SJVV. Verne visitou Vigo en dúas ocasións, en 1878 e 1884, en dúas estancias de varios días nas que chegou a bordo do seu luxoso iate o ‘Saint Michel III’. Ademais, o escritor fixo á ría de Vigo protagonista dunha das súas máis importantes novelas, todo un clásico recoñecido mundialmente como é ’20.000 leguas baixo dos mares’. Nesta novela dedica todo un capítulo titulado ‘A baía de Vigo’ á batalla de Rande de 1702 e ao rescate dos seus tesouros polo capitán Nemo a bordo do submarino  Nautilus.

O V Congreso Internacional Jules Verne reunirá, como vén sendo habitual nas tres edicións anteriores celebradas, a expertos mundiais na figura do escritor francés, coa presentación de novos estudos sobre a súa obra e legado. No último congreso, celebrado hai un mes en Palma de Mallorca, participaron estudosos de Canadá, Colombia, Estados Unidos, Francia, Noruega, Alemaña, Italia, Perú, Arxentina, Croacia e España. Ademais, desde Vigo presentáronse dúas comunicacións, a cargo de dous socios da  SJVV: o xornalista Eduardo  Rolland presentou o estudo ‘Jules Verne século  XXI: cartografía da súa popularidade’, sobre o impacto que o autor segue tendo na cultura, con adaptacións ao cinema, series, videoxogos ou literatura. O catedrático da Universidade de Vigo Jesús Souza  Troncoso presentou en Mallorca outro relatorio titulado ‘A ictiofauna de 20.000 leguas’, na que analizou a fauna mariña que aparece na novela. Tamén asistiu ao congreso de Palma a profesora  Stella  Maris González  Valbuena, tamén socia da  Sociedade Jules Verne de Vigo.

Que Vigo fose escollida sede desta cita mundial supón un orgullo á vez que un reto para a  Sociedade Jules Verne de Vigo, que comeza xa a traballar para que a cita de 2028 está ao máximo nivel internacional, nun ano ademais tan emblemático como o do bicentenario de Verne, o que dará aínda máis relevo a este evento. Traballaremos man a man coa Sociedade Hispánica Jules Verne, que distinguiu á cidade con esta elección ante a que expresamos o noso agradecemento.

A  Sociedade Jules Verne de Vigo foi fundada no ano 2012 e está inscrita no rexistro de asociacións culturais da Xunta de Galicia e do Concello de Vigo. Entre as súas actividades, está a organización todos os anos, en torno ao 18 de febreiro, da celebración da entrada do submarino Nautilus na ría de Vigo, unha efeméride literaria que coincide con esa data. Tamén organizamos o Día de Ler a Verne, con lecturas que en anos diversos realizáronse en centros educativos como colexios e institutos ou a Biblioteca  Neira Vilas.

Ademais, a  SJVV contribúe editorialmente á difusión da relación entre Verne e Galicia. Así, este ano 2021 presentou a primeira versión en  galego da obra ‘Doutor  Ox’, con tradución da filóloga Tamara Aymerich e editada por Edicións  Paganel a iniciativa da  SHJV. Ademais, no ano 2019, editamos en versión facsímile o capítulo ‘A baía de Vigo’ da novela ’20.000 leguas de viaxe submarina’, cando se cumprían 150 anos da súa publicación orixinal en Francia no ‘ Magasin d’Éducation  et de  Récréation’.

Ademais, membros da  Sociedade Jules Verne de Vigo participamos nos tres primeiros congresos internacionais, presentando comunicacións en Barcelona (2013), A Habana (2017) e Palma de Mallorca (2021).

Por outra banda, a  SJVV xa organizou en 2017 un Encontro Internacional ‘De Verne a Vigo’, que reuniu na cidade a destacados expertos mundiais como o italiano  Piero  Gondolo  della Riva. Así mesmo, a sociedade colaborou co  Concello de Vigo e o museo Marco de Vigo na Exposición ‘Verne:os límites da imaxinación’, na que, xunto coa concellería de Cultura, conseguimos traer á cidade a un  biznieto de Verne, o escritor e xornalista  marsellés Jean Michel Verne.A intensa actividade da  Sociedade Jules Verne de Vigo pode seguirse a través do seu portal web (www.vigoverne.com) , onde ademais os seus membros publican  recensiones e artigos sobre a obra e a actualidade relacionada co novelista e onde está ao dispor do público material diverso, tamén dispoñible para centros educativos. Así mesmo, colaboramos con diversos medios de comunicación para promocionar a relación entre Verne e Vigo, que consideramos unha imaxe de marca moi importantes, produto do cal se realizaron nos últimos anos reportaxes documentais sobre este tema en canles tanto estatais como internacionais, como o franco-alemán ARTE.

A Sociedade Jules Verne de Vigo presenta novas investigacións no III Congreso Internacional

Palma de Mallorca acolle a terceira edición desta cita mundial na que participan os maiores expertos na figura do escritor francés.

A Sociedade Jules Verne de  Vigo (SJVV) participou activamente no III Congreso Internacional Jules Verne, que se celebra na cidade de Palma de Mallorca dende o 10 ao 12 de novembro de 2021, coa participación dos máis destacados expertos mundiais na figura do escritor francés.

Na sesión da mañá do mércores 10 de novembro, Jesús Souza presentou a súa ponencia titulada “Nota sobre las Ciencias Naturales en la obra de Julio Verne 20.000 leguas de viaje submarino”. O catedrático da Universidade de Vigo, experto en zooloxía mariña, fixo un apaixonante repaso das criaturas que van aparecendo na novela do escritor de Nantes, que se converte nun adianto das ciencias oceanográficas que están a comezar a súa andaina no ano 1870, cando comeza a publicarse por entregas esta obra.

Na sesión de tarde, Eduardo Rolland presentou a súa comunicación titulada “Verne siglo XXI: una cartografía de su popularidad”, un estudo no que a través de ferramentas de análise web demostra a relevancia que segue a manter o escritor nos nosos tempos, cando continúa a inspirar películas, comics ou videoxogos, ao tempo que as súas obras seguen a ser reeditadas con gran forza. Os resultados deste traballo asombran polo formidable impacto que  Verne mantén na actualidade.

O III Congreso Internacional Jules Verne está organizado pola Sociedad Hispánica Jules Verne, e continúa os congresos xa celebrados en Barcelona (2013) e A Habana, Cuba (2017). Esta edición do congreso segue a modalidade presencial e virtual, puidendo ser seguido en streaming en directo. Aínda as dificultades por mor da pandemia, tres socios da Sociedade Jules Verne de Vigo asistiron a este congreso de Palma: os xa referidos Jesús Souza e Eduardo Rolland, ademais da profesora Stella Maris González Balbuena, participante tamén nas actividades e conferencias.

Entre os participantes no III Congreso Internacional Jules Verne están o experto italiano Piero Gondolo della Riva e outros investigadores como valenciano Jesús Navarro Faus, o catalán Pasqual Bernat, o mallorquín Nicolás Moragues, o madrileño Juan Antonio Saez ou o cubano Ariel Pérez.

No congreso foron presentadas as últimas obras publicadas sobre Verne no mundo, entre elas varias nas que a Sociedade Jules Verne de Vigo foi protagonista, como a edición en galego da obra ‘Doutor Ox’ ou a edición facsímile do capítulo ‘A baía de Vigo’, de “20.000 leguas baixo dos mares”, que foi traducida e publicada pola SJVV no ano 2019 coincidindo co sesquicentenario da súa aparición en Francia.

O III Congreso Internacional Verniano comeza o 10 de novembro

Finalmente, o III Congreso de Palma de Mallorca vai poder desenvolverse dun xeito mixto, presencial e virtual.

A Sociedade Jules Verne de Vigo estará representada polas ponencias presentadas por Jesús Souza Troncoso e Eduardo Rolland Etchevers.

No caso de Jesús Souza, trátase de Nota sobre las Ciencias Naturales en la obra de Julio Verne. Eduardo Rolland presentará Verne sigo XXI. Datos y gráficos para la cartografía de su popularidad.

Desexámoslles aos dous éxito nas súas comunicaciones; éxito que parece garantido dado o interese dos temas que tratarán e a recoñecida solvencia dos ponentes.

Ruta polos lugares vernianos de Vigo: APP

Presentamos unha app para dispositivos android que percorre os lugares de interese verniano de Vigo. Estes lugares son os que visitou o escritor francés ou os que presentan algún tipo de relación con el.

Como é sabido, Verne estivo en dúas ocasións nesta cidade: en 1878 e en 1884. Moitos dos lugares que visitou permanecen case como os atopou, mentres que outros teñen mudado radicalmente, non sendo sempre doado identificalos a partir das informacións existentes. Aínda así, podemos facernos unha idea moi aproximada da súa estadía.

A aplicación está, polo momento, en castelán, pensando nos visitantes que cheguen a Vigo procedentes de todo o mundo hispánico. Estamos traballando nas versións en galego e en inglés.

O primeiro que se atopa o usuario é un menú con catro opcións:

  1. Na opción Ruta urbana, accédese a seguinte pantalla:

Premendo en cada botón, aparecerá sobre o mapa de Vigo un marcador coa localización correspondente. No botón Usuario, aparecerá a posición do propio usuario, se este ten o GPS activado. O botón Mostrar todos, mostra os marcadores de tódas as loca.lizacións. No botón Volver, vólvese ao menú principal.

Ao premermos no marcador vermello, accedemos á información asociada a esa localización:

2. Na opción Otras localizaciones, accédese a outro mapa con localizacións fóra da cidade e, mesmo, na ría:

O funcionamento é idéntico ao xa explicado. Se prememos no marcador vemos a información:

3. No botón SJVV accédese a web da Sociedade Jules Verne de Vigo.

4. Na opción Vídeo, cárgase o video Verne and Vigo, producido por Gciencia e elaborado por Eduardo Rolland.

Esta app está feita coa ferramenta aberta APP Inventor 2, desenvolvida polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT). Polo momento so é posible crear apps para dispositivos móbiles con sistema operativo Android e non para IOS. Fontes do MIT anuncian a próxima creación dun Inventor para IOS, pero aínda non está dispoñibel.

Para descargar a app, cómpre ler o seguinte código QR co lector do móbil e seguir as instruccións:

A app ten a garantía de seguridade da Sociedade Jules Verne de Vigo, pero durante o proceso de instalación, é posible que o móbil amose alertas de perigo xa que non é unha app procedente ta tenda oficial de Google ou Samsung ou calquera outra.

Licencia de Creative Commons

Texto e imágenes bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Notable éxito da presentación

Tal como estaba previsto, celebrouse a presentación da primeira edición en galego de Unha fantasía do doutor Ox. O acto tivo lugar na magnífica hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, o mércores 28 de abril ás oito da tarde. A presencia de público pode considerarse satisfactoria na actual situación sanitaria. O cumprimento do protocolo COVID foi estrito, polo que agradecemos a paciencia e comprensión dos asistentes.

O acto foi presentado polo presidente da Sociedade Jules Verne de Vigo, o xornalista Eduardo Rolland que repasou brevemente a traxectoria da nosa sociedade e a actual estreita colaboración coa Sociedad Hispánica Jules Verne.

A continuación, Jose Garabatos, na sua cualidade de responsable das relacións entre ambas sociedades, a hispánica e a viguesa, explicou a xestación do proxecto por parte da SHJV e a posterior colaboración da SJVV.

A obra presentada, a versión en galego, forma parte dun ambicioso proxecto da SHJV consistente na publicación por primeira vez de traducións da versión orixinal en francés deste relato curto. En efecto, as traducións ás linguas hispánicas, por unha ou outra razón, nunca respectaron o orixinal verniano de 1872. Ou ben, se trataba da tradución dun orixinal francés manipulado de 1874, ou ben se trataba dunha tradución «libre» que duplicaba a lonxitude do orixinal. Deste modo, a SHJV respecta por primeira vez a intención do autor francés. A obra da sociedade hispánica inclúe a tradución a sete linguas do estado español: castelán, catalán, éuscaro, aragones, aranés, asturiano e galego.

A nosa sociedade presenta, a modo de separata, a versión en galego. Neste caso, trátase da primeira tradución absoluta.

Seguidamente, Rolland presentou a tradutora, Tamara Aymerich, doutoranda no grupo de Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo e Mestrado en Profesorado de Secundaria e Bacharelato. A parte da súa actividade académica, exerce profesionalmente de tradutora e intérprete. Entre as súas traducións publicadas atópanse: ‘O mago de Oz’ e ‘Drácula’, publicados por Baia, La niñita de la vocecita, Textos seleccionados, Horas contadas, Fuerzas Opuestas e Los invasores de Marte. Tamara salientou algúnas aspectos do seu traballo. O francés anticuado do século XIX e os numerosos términos técnicos e científicos, foron probablemente as maiores dificultades.

Os socios da SJVV ou da SHJV e amigos vernianos en xeral poderán adquirir esta obra nesta web: (https://vigoverne.com/contacto/) ou, proximamente, na libreria viguesa Versus, Rúa de Venezuela, 80.

Licencia de Creative Commons

Texto e imágenes bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Presentación de «Unha fantasía do doutor Ox»

Mércores 28 de abril de 2021 ás 20:00 na bibioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios. Rúa García Barbón número 5 de Vigo.

A Sociedade Jules Verne de Vigo presentará a primeira tradución ao galego desta novela curta verniana.

Esta edición forma parte dun ambicioso proxecto de colaboración da SJVV coa Sociedad Hispánica Jules Verne e o seu selo editorial, Ediciones Paganel. Trátase da publicación deste texto en sete linguas faladas no territorio do estado español. Como froito desa colaboración preséntase esta tradución ao galego a modo de separata.

A obra orixinal foi publicada por Verne en 1872 e gozou de gran éxito. Pouco despois, houbo unha segunda versión en francés en 1874 con importantes variacións respecto ao orixinal. A maior parte das traducións baséanse na versión modificada de 1874. En castelán, a única traducción baseada na versión de 1872 contiña graves adulteracións. O proxecto da SHJV rescata fielmente a versión orixinal, sendo a primeira vez, por tanto, que se respeta a intención de Verne. No caso do galego é a primeira tradución de calquera versión.

A autora da tradución, Tamara Aymerich Correa, é doutoranda no grupo de Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo e Mestrado en Profesorado de Secundaria e Bacharelato. A parte da súa actividade académica, exerce profesionalmente de tradutora e intérprete. Entre as súas traducións publicadas atópanse: ‘O mago de Oz’ e ‘Drácula’, publicados por Baia, La niñita de la vocecita, Textos seleccionados, Horas contadas, Fuerzas Opuestas e Los invasores de Marte.

Por mor do protocolo COVID, o aforo é limitado. Rógase aos interesados en asistir á presentación que o comuniquen á SJVV no correo info@vigoverne.com.

A SJVV na cadea SER

O día 12 de marzo de 2021, a cadea SER emitiu o seu programa matinal Hoy por hoy, dirixido pola periodista Ángels Barceló, desde o MARCO de Vigo. O programa contou con dous ilustres vernianos: Domingo Villar e Eduardo Rolland.

Domingo Villar asistiu ao programa na súa cualidade de escritor de gran éxito e vigués expatriado. Domingo explicou como a pandemia obligouno a espaciar as súas frecuentes visitas á nosa cidade desde o seu domicilio en Madrid. O que máis bota de menos é o olor do mar e o son das gaivotas.

Eduardo Rolland, presidente da Sociedade foi interpelado sobre a relación de Verne con Vigo. En palabras da periodista Barceló, é coñecido por un púbico amplo o capítulo da novela 20 000 leguas… dedicado á ría de Vigo. Pero o que non é tan coñecido e a presenza de Verne en Vigo por dúas veces. Eduardo contou detalles desas visitas. A razón de que entrara na ría na súa primeira visita por mor dun temporal. Tivo a sorte de atopar unha cidade en festas que o agasallou como a gran persoaxe mundial que era.

A periodista sinalou o contraste entre Villar e Verne. Domingo sitúa as súas historias en lugares que coñece perfectamente, mentras que Verne pode situar a acción en calquera lugar do mundo. Por que precisamente Vigo?, quixo saber a periodista. A resposta está no escándalo que saltou á prensa da época da estafa relacionada coa busca do tesouro de Rande.

Podedes seguir o programa na seguinte ligazón. A intervneción de Villar comeza en 2h 14 min, e a de Rolland en 2h 28 min.

https://cadenaser.com/programa/2021/03/12/hoy_por_hoy/1615524450_058815.html

Día de ler a Verne 2021

A SHJV (Sociedad Hispánica Jules Verne) ven celebrando desde hai algúns anos o Día de Ler a Verne, conmemorando a data de nacemento do escritor, o 8 de febreiro de 1828. A nosa sociedade, SJVV, colabora con esta iniciativa desde o ano 2019. Ese ano, 2019, celebrouse no IES Castelao. No ano 2020 celebrouse na Biblioteca Pública Neira Vilas.


Este ano, como se sabe, non se poden celebrar eventos públicos nin en Vigo nin en Galicia nin en boa parte do mundo. Por tanto, imos celebralo de xeito virtual. 


O gran coleccionista e investigador verniano, Jean-Michel Margot, pon a disposición dos afeccionados de todo o mundo unha sala de videoconferencia na plataforma Zoom. Esta sala terá unha subsala para os hablantes das linguas hispánicas. Segundo as nosas informacións, a sala principal usará o inglés e o francés. Calquera persoa que dispoña do vínculo e contrasinal, poderá acceder libremente, ben a sala principal, ben a subsala. desde as 23.00 do domingo 7 de febreiro, ata as 23:00 do luns 8 de febreiro. 


Os participantes seleccionarán o seu propio texto e a lingua na que lerán.

Os interesados poden obter o vínculo e o contrasinal para accederen á videoconferencia escribindo un correo á SJVV: info@vigoverne.com

Resumo do ano 2020

Azos para Verne e Vigo nun difícil 2020

Jules Verne soñou cun mundo global, onde o avance da tecnoloxía e das comunicacións puxera en contacto aos humanos de todo o planeta. Ese mundo xa está aquí, e trae tamén o seu reverso de leccións difíciles, como a pandemia do coronavirus que tanta dor espallou por todo o mundo neste 2020. Malia as dificultades para manter unha axenda pública ou realizar distintas actividades, para a Sociedade Jules de Verne de Vigo non foi un ano perdido. Malia as dificultades, a nosa asociación cultural tamén soubo traballar arreo. Este é o noso resumo do 2020, cunha arela de superación e azos para o 2021.
Chega aos institutos a edición facsímile de ‘A baía de Vigo’
Comezamos o ano 2020, cos ecos da nosa edición do facsímile do capítulo ‘A baía de Vigo’, publicado fai 150 anos no ‘Magasin d’Éducation et de Récréation’ O capítulo da novela ’20.000 leguas baixo dos mares’, de Jules Verne, é un dos principais desta obra, unha das máis populares e traducidas da historia en todo o mundo, e trae ao submarino Nautilus do capitán Nemo ata a ría de Vigo para rescatar os tesouros da batalla de Rande. A finais do 2019 presentamos a nosa edición nun acto na Biblioteca da Escola de Artes e Oficios. E no 2020 fixemos un traballo de divulgación da obra. Entre outros destinatarios, foi entregadas ás bibliotecas de todos os institutos de ensino secundario de Vigo.

 
Celebramos en Vigo o Día de Ler a Verne


O 7 de febreiro de 2020, na véspera do día do nacemento do escritor, celebramos en Vigo o Día de Ler a Verne, unha iniciativa que xorde da Sociedade Hispánica Jules Verne, coa que a nosa Sociedade Jules Verne de Vigo comparte fortes ligazóns e unha idea común. Este ano, a celebración contou coa inestimable colaboración da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas e do seu infatigable persoal. O acto consistiu nunha lectura de textos de Verne por parte de alumnos e alumnas do Colexio de Educación Infantil e Primaria O Pombal de Vigo.illa01A organización do práctica do evento correu a cargo do noso prezado verniano o físico José Garabatos, quen fixo un formidable traballo para coordinar a acción.
O presidente da SJVV, Eduardo Rolland, explicou aos nenos e nenas a relevancia mundial de Verne e a especial relación do autor coa nosa cidade de Vigo. Cidade que foi visitada en dúas ocasións en 1878 e en 1884 polo autor, a bordo do seu iate; e que, ademais, adquire un especial protagonismo na novela 20 000 leguas baixo dos mares, pois o Capitán Nemo, ao mando do Nautilus entra na ría en procura dos tesouros de Rande.Os nenos son alumnos e alumnas de 5º de Primaria e teñen en torno a 10 ou 11 anos de idade. Para a lectura adaptáronse textos extraidos de dúas novelas. En primeiro lugar, dos capítulos de A illa misteriosa nos que os protagonistas atopan ao Capitán Nemo e que, dalgún xeito, pechan a historia deste personaxe que quedara sen rematar en 20 000 leguas baixo dos mares. En segundo lugar, dos capítulos de 20 000 leguas… nos que se explica a batalla de Rande.illa11A lectura foi iniciada pola ilustre verniana Marisé Pérez Mariño e continuada por todos os nenos e nenas alí presentes. Tamén participaron algúns adultos, incluíndo profesores, amigos e persoal da biblioteca.Foi unha experiencia moi gratificante na que se apreciaba que os nenos tiñan preparado previamente a actividade e viñan cun coñecemento do autor, das novelas e dos sucesos de Rande realmente apreciables. Parabéns ao profesorado do CEIP Pombal.Grazas ao persoal da Bibioteca Pública Municipal Neira Vilas pola sua eficaz colaboración.

Estrea en Canal Arte do documental internacional
sobre Jules Verne e Vigo

 Un equipo do prestixioso canal cultural de TV franco-alemán visitou a cidade olívica a mediados de setembro de 2019 para atopar nela as pegadas de Jules Verne. O documental foi estreado o pasado 19 de febreiro en versión francesa e alemá. Anúncianse as versións en español, inglés, italiano e polaco. Pódese ver neste link:https://www.arte.tv/fr/videos/091152-038-A/invitation-au-voyage/Membros da Sociedade Jules Verne de Vigo guían ás cámaras polas Cíes e pola cidade. O historiador Antonio Giráldez Lomba, leva a acción ao Museo do Mar e a lugares emblemáticos como a escultura de José Molares fronte ao Real Club Náutico.A escritora Ledicia Costas pasea con Canal Arte polos mesmos escenarios que pisou Verne nas súas dúas visitas á cidade. Xa non está o café Suizo, desaparecido da rúa do Príncipe, pero sí toman café na praza da Constitución, como tamén facía Verne en ámbalas dúas estancias. Ademais, a novelista viguesa é entrevistada ante un dos murales do plan Vigo Vertical, o que representa a Verne, situado na avenida da Florida.Nas ilas Cíes, Eduardo Roland guía as cámaras na pegada na area dos grandes personaxes que pisaron o noso arquipélago: Xulio César, o caudillo vikingo Olaf Haraldson ou o corsario Francis Drake. Tamén especulan literariamente con que a illa de Faro é a mesma illa misteriosa da novela na que Verne revela a verdadeira identidade do capitán Nemo  donde o Nautilus remata os seus días.


Estrea da Scape Room ‘El secreto de Verne’

A Sociedade Jules Verne de Vigo colaborou na creación da primeira Scape Room Virtual sobre a relación entre Verne e Vigo. Trátase de ‘El secreto de Verne’, estreado pola empresa galega GALIGAMES, á que os socios da SJVV asesoran de xeito desinteresado, con grande interese por un xeito diferente e novidoso de comunicar o mundo verniano e achegarse especialmente as xeracións máis novas.



Aprazado o III Congreso Internacional Verniano

Unha mala noticia para o 2020 foi o aprazamento do III Congreso Internacional Verniano, que estaba previsto para Palma de Mallorca primeiro no mes de abril e, posteriormente, no mes de novembro deste ano. As restricións derivadas da pandemia do coronavirus impediron manter esta axenda, polas dificultades para as viaxes. 
A Sociedade Jules Verne de Vigo tiña prevista a súa participación, a través dunha comunicación de Eduardo Rolland titulada ‘Verne e Vigo, cartografía da súa popularidade’, ademais da presenza confirmada do noso socio José Garabatos.
Ademais, hai que destacar moi especialmente que o grande organizador deste Congreso, o ilustre verniano mallorquín Nicolás Moragues, ademais de pertencer á diretiva da Sociedade Hispánica Jules Verne, é tamén socio da nosa SHJV. Tamén por esta razón todos os vernianos e vernianas de Vigo sentimos especialmente a mágoa por este aprazamento, despois do enorme traballo que desenvolveu o noso incansable compañeiro Nicolás.
Na nova cita, prevista agora para novembro de 2021, alí estaremos varios socios e socias da SJVV, con máis participación aínda que na primeira convocatoria.


España Directo dedica un especial a Verne e Vigo en TVE 

A Sociedade Jules Verne de Vigo guiou a un equipo de Televisión Española para seguir a pista do Nautilus do capitán Nemo pola ría de Vigo, nunha reportaxe especial do programa España Directo, gravada e emitida o pasado luns 6 de xullo de 2020.Eduardo Rolland acompañou ao xornalista Xoán Leiro nesta viaxe a bordo do buque El Audaz, que navevgou polos escenarios da batalla de Rande e visitou na illa de San Simón a estatua dedicada ao capitán Nemo.



 

Colaboracions coas grandes iniciativas da SHJV
traducións e cartografía de Verne


 Neste 2020, a Sociedade Jules Verne de Vigo colaborou con algunhas das grandes iniciativas culturais que desenvolve a Sociedade Hispánica Jules Verne, en cuxas actividades estamos integrados. Entre elas, hai que salientar a tradución ao galego da obra Doutor Ox, a cargo da filóloga Tamara Aymerich, quen xa participou en varias reunións da SJVV e ingresará como socia de pleno dereito neste 2021. Tamén destacamos a participación no Gran Atlas Verniano que recollerá as localizacións de todas as obras de Verne. Varios dos nosos socios fixeron contribucións para catalogar estas obras. Para rematar, está en marcha a tradución de dúas obras de teatro de Verne, a cargo das nosas prezadas Manón Funes e Stella Maris González.

Novos socios da SJVV 
No 2020, a Sociedad Jules Verne de Vigo incorporou novos socios, aos que damos a benvida á nosa asociación cultural. Tras as incorporacións no 2019 da filóloga Clara Liz Losada, da pedagoga Marisé Pérez Mariño e do escritor Domingo Villar. Este ano incorporamos a ilustre verniano Nicolás Moragues González, que tamén pertence á directiva da Sociedade Hispánica Jules Verne. E demos tamén a benvida a tres novos socios: Jesús Souza Troncoso, Stella Maris González Balbuena e Ramón Suárez Alonso. Benvidos todos e todas!
E con azos por un 2021 cheo de novas arelas

Agora comeza un 2021 cheo de novas arelas. Dende a Sociedade Jules Verne de Vigo, cremos que xuntos poderemos vivir un gran novo ano.

MOBILIS IN MOBILI