A Sociedade Jules Verne de Vigo presenta novas investigacións no III Congreso Internacional

Palma de Mallorca acolle a terceira edición desta cita mundial na que participan os maiores expertos na figura do escritor francés.

A Sociedade Jules Verne de  Vigo (SJVV) participou activamente no III Congreso Internacional Jules Verne, que se celebra na cidade de Palma de Mallorca dende o 10 ao 12 de novembro de 2021, coa participación dos máis destacados expertos mundiais na figura do escritor francés.

Na sesión da mañá do mércores 10 de novembro, Jesús Souza presentou a súa ponencia titulada “Nota sobre las Ciencias Naturales en la obra de Julio Verne 20.000 leguas de viaje submarino”. O catedrático da Universidade de Vigo, experto en zooloxía mariña, fixo un apaixonante repaso das criaturas que van aparecendo na novela do escritor de Nantes, que se converte nun adianto das ciencias oceanográficas que están a comezar a súa andaina no ano 1870, cando comeza a publicarse por entregas esta obra.

Na sesión de tarde, Eduardo Rolland presentou a súa comunicación titulada “Verne siglo XXI: una cartografía de su popularidad”, un estudo no que a través de ferramentas de análise web demostra a relevancia que segue a manter o escritor nos nosos tempos, cando continúa a inspirar películas, comics ou videoxogos, ao tempo que as súas obras seguen a ser reeditadas con gran forza. Os resultados deste traballo asombran polo formidable impacto que  Verne mantén na actualidade.

O III Congreso Internacional Jules Verne está organizado pola Sociedad Hispánica Jules Verne, e continúa os congresos xa celebrados en Barcelona (2013) e A Habana, Cuba (2017). Esta edición do congreso segue a modalidade presencial e virtual, puidendo ser seguido en streaming en directo. Aínda as dificultades por mor da pandemia, tres socios da Sociedade Jules Verne de Vigo asistiron a este congreso de Palma: os xa referidos Jesús Souza e Eduardo Rolland, ademais da profesora Stella Maris González Balbuena, participante tamén nas actividades e conferencias.

Entre os participantes no III Congreso Internacional Jules Verne están o experto italiano Piero Gondolo della Riva e outros investigadores como valenciano Jesús Navarro Faus, o catalán Pasqual Bernat, o mallorquín Nicolás Moragues, o madrileño Juan Antonio Saez ou o cubano Ariel Pérez.

No congreso foron presentadas as últimas obras publicadas sobre Verne no mundo, entre elas varias nas que a Sociedade Jules Verne de Vigo foi protagonista, como a edición en galego da obra ‘Doutor Ox’ ou a edición facsímile do capítulo ‘A baía de Vigo’, de “20.000 leguas baixo dos mares”, que foi traducida e publicada pola SJVV no ano 2019 coincidindo co sesquicentenario da súa aparición en Francia.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s